26 oct 2011
A Cidade e a Cultura.
A obra de Peter Eisenman lémbrame á dun escultor que admiro, Jorge Oteiza; no bo, ámbolos dous exquisitos na esencia; e no malo, mentres as pezas do vasco se perden ao proxectalas no espazo, as maquetas do norteamericano, viscerais e luminosas, mudan en ousado a quen intente promovelas. Non por sabido, o feito de que o conselleiro Roberto Varela oficializara que os dous edificios que faltan por completar na Cidade da Cultura pasan ao caixón dos tempos á espera de que o temporal amaine, causou menor sorpresa.
Mentres no país a cultura está en folga, non por non querer, senón porque a creación converteuse nunha utopía, e os que están, industrias culturais (xornais, libros, teatro, música, artistas, galerías) están agonizando porque o consumo patexa, algúns pensaron que o Gaiás sería o cumio dos galegos, o faro de Alexandría que nos proxectara ao mundo e enchera o país de turistas. O cumio si, pola factura inabarcable que rematará coa cultura patria, e dilúa de paso a outrora admirable rede expositiva existente. Estou seguro que se ao expresidente Manuel Fraga lle deixaran retrotraer no tempo un desexo, ao marxe da eterna xuventude, hoxe liberaría ao pais deste cáliz con forma de vieira. A idea da Cidade da Cultura naceu a destempo e falta de definición, efecto contaxio do exitoso Museo Guggenheim de Bilbao, privado e amparado nunha fundación, un millón de visitas ao ano a 20 euros a entrada; O Gaiás, de balde. Os tempos mudaron, o efecto Guggenheim permanece, non só polo edificio de Gehry, senón polas magníficas exposicións (moitas da súa colección). Aínda que vivisemos nunha economía tipo Abu Dhabi semellante dispendio non tería lóxica. Ninguén vai ter a ousadía de descualificar unha arquitectura de feito sublime, pero si o desacertado (por diluído, indefinido e megalómano) do proxecto, máis cando a cultura patria adoece de nutrientes. Galicia non necesita proxectar máis continentes, senón aglutinar contidos.
*Publicado no xornal La Región 27/10/2011
24 oct 2011
Os montes que non apaga a choiva
Pensar que as choivas desta noite remataron
coa bágoa de lumes da que fomos víctimas é tan estúpido como crer que a caste política,
torpe e ruín, mude en algo serio. Se eu fose político no iría detrás dunha pancarta, actuaría e non
faría demagoxia; a oposición desnortada cometeu os mesmos erros que lle
criticaron outrora a Alberto Núñez Feijóo cando botou man desa ridícula
mangueira rodeado de xornalistas, que non é o mesmo que facelo a desesperada como
lle aconteceu estes días a moitos galegos que viron en perigar as súas pertenzas.
O monte é máis serio que a ingratitude que estamos a demostrar con el, necesítanse
políticas axeitadas – entre elas facer cumprir as leis vixentes- que o afasten
dos que lle están a facer tanto mal. Hai temas de país, o lume ten que ser un
deles, sobre o que os políticos deben facer piña e non rapina. A industria do
lume é unha maquinaria perversa disposta a monopolizar o monte no seu beneficio.
Non fai nin un mes que Samuel Juárez, o conselleiro de Medio Rural, saíu a
palestra orgulloso das cifras diste ano, non era consciente do que se lle viña
enriba; antes lle pasou a outros. Detrás do lume hai xente interesada en acender
a chama e que salten as alarmas, tan só hai que agardar polo momento fatídico.
Nesta ocasión, como era previsible, se daba a campaña por rematada cando se
cruzou o maligno. Un outubro como se fose agosto, as brigadas desmontadas,
finalizacións de contratos, a seca persistente, o Presidente en Arxentina de
campaña, o Superdelegado no Bernabeu... Unha desfeita
Os propios medios son víctimas da perversidade
dalgúns. Equilibrar información do lume é complexa, a sobreinformación é algo
que transcende, o acicate perfecto que alimenta nalgúns o afán de atentar
contra o monte, e non todos persoas illadas ou tolos. O debate nos medios está
entre o interese da Administración por non alarmar e minimizar os feitos, algo razoable
en moitos casos, e o doutras “fontes” dispostas ao contrario. O
monte así non se apaga, aínda que chova.
22 oct 2011
Ninguén falou de xustiza
Libia está tan cerca de nós que hoxe debémonos
tapar á vez o nariz e os ollos. Toda historia aínda que sexa triste garda unha mensaxe,
e a que se traslada do acontecido nese histórico escenario remítenos aos tempos
das cavernas. Axustizar a un ser humano, aínda que fora o demo, aínda que fora
no medio dun conflicto, convértenos no mesmo que del rexeitábamos. O agravante nesta
ocasión e que todo isto estaba avalado pola OTAN, lease todos nós, e foi ela
quen sinalou á víctima e a dirección da fuxida. A argumentación de que descoñecían que entre o convoi que estaban a disparar
se atopaba o tirano é surrealista. Todo o que está sucedendo en Libia cheira
moi mal, da crueldade vomitada nestes meses que durou a refrega non pode saír
un goberno democrático, cuestión que tampouco nos vai a quitar o sono. A trivialidade
dos medios coa sangue do tirano, a difusión na rede o axustizamento estanos a
trasladar unha mensaxe lapidaria e insoportábel, a humanidade estase a mudar nunha animalada.
21 oct 2011
No pedirán perdón
Nunca he podido olvidar aquella fría y brumosa mañana de octubre. Camino del colegio La
Salle de Eibar me topé de bruces con la muerte a tiros de una
persona que conocía. Era Carlos, Carlos García Fernández, de profesión
estanquero. Un tipo ya mayor y orondo, de bigote recortado y respirar asmático, mi relación
con él consistía en el sellado de la quiniela de fútbol. Lo mataron dentro de
su estanco aquel 7 de octubre de 1980, un año siniestro donde los haya en el
que lo más normal en el paisaje camino de los pupitres era verte rodeado de
metralletas sujetas por hombres temblorosos. Rara era la semana en la que no asesinaban a alguién, a veces a más. A Carlos no le lloró nadie, salvo
su familia, y de puertas adentro. En el resto de la gente del barrio lo que se
respiraba era un silencio temeroso instigado por la ley de supervivencia, la
misma ley que ha imperado durante todos estos años. De él se dijo, se dejó correr el rumor, de que era un
chivato.
Muchos años después, un 11 de julio de
1997, un hijo de emigrantes como yo, Miguel Ángel Blanco, fue secuestrado
cuando dejaba el tren de cercanías que une dos pueblos prácticamente unidos
entre sí, Eibar y Ermua. En su trazado diario camino del trabajo Miguel Ángel
había pasado justamente por debajo del estanco donde fue asesinado años atrás Carlos
García. A Miguel Ángel le asesinaron al día siguiente, los asesinos
impertérritos ante un país que desde la calle pedía clemencia acometieron su
particular modo de entender la justicia. Todos estábamos rotos y
apesadumbrados, pero la vida continúa y mientras en Ermua, el pueblo de Miguel Ángel,
poblado en un porcentaje amplísimo por emigrantes gallegos y extremeños, en mi
barrio, Amaña, un espacio robado al monte y poblado también por emigrantes del
mismo pelaje, estaba de fiestas. Aquellos instantes de impotencia a un servidor
le pillaron en compañía de sus amigos de infancia entre cañas y escaso ánimo
festivo. Esa misma tarde, instantes después de la muerte de Miguel Ángel,
mientras su pueblo natal era un velatorio, por delante del bar donde nos
encontrábamos discurría una marcha de familiares y presos de ETA que a su paso
algunos desde el interior respondieron con un solemne “Gora ETA”.
No, que nadie se engañe, no van a pedir
perdón, quienes se han obnubilado con semejante discurso de corte fascistoide y
separatista en el que las razones se imponen sí o sí, no van a cambiar,
simplemente el tiempo, la presión de los presos, sus familias, el acoso de la
justicia, el policial y el judicial han hecho mella en la decisión de finalizar
un periodo tan estúpido como absurdo, algo increíble dentro de una sociedad próspera
y suficientemente culta a la que muchos queremos y a la que espero regresar en no demasiado tiempo. En la memoria y en la historia quedan muchas muescas, 859 víctimas
inocentes que fueron carne de cañón y cuyo dolor persiste y persistirá, pero
conviene pasar página y afrontar el futuro. Es un momento histórico para la
democracia, así lo apuntó ayer, Mariano Rajoy, quien se tendrá que enfrentar al
grueso del proceso de negociación. Un momento histórico por muchas razones,
sobre todo porque a partir de ahora el debate será única y exclusivamente
político.
20 oct 2011
A emprender toca...
Hoxe,
Día do emprendedor, dentro dunhas xornadas promovidas pola Xunta, tiven a sorte
de escoitar a un mozo asturiano, Alfonso Gutiérrez, que nunha conferencia dirixida
a mozos estudiantes iniciou con un solemne: Esperta! A súa linguaxe, chea de tópicos
sobre a denostada crise semellaba máis un manual de autoaxuda, pero eso é o que
necesitamos: axuda. “Estámonos amargando a vida”, así, en primeira persoa do
plural, porque todos somos parte dun medo contaxioso que fai mella no estado de
ánimo colectivo. Os medios, e o efecto repetitivo que se exerce sobre os temas,
realimentan esta sensación, e nalgúns casos determinadas informacións o que fan
é encadear moitas outras que a súa vez inciden en agudizar os problemas. Ao final, como sinalaba Alfonso o problema está en que “saímos deprimidos da casa”.
A conferencia foi a dúas mans co humorista Rober
Bodegas que retivo ao respectable a base de chistes, que se non a axudan a
emprender, alomenos liberan o estrés. Ao remate da intervención saltou a
palestra o conselleiro de Economía Javier Guerra para anunciar as axudas e
animar aos mozos neso do autoemprego. Ese foi o instante no que a mocidade decidiu emprender...a fuxida.
Ouro amarelo
Dende fai un tempo teño sinto unha sensación
estraña, case desesperada, que se non fora porque é real mandaríaa ao carallo. Non
son moi de tendas mais gusto de ollar para aqueles escaparates que seducen, que
iluminan a mirada. Os bos comercios regálannos envoltorios cheos de fantasía
cuxas obras son vasos comunicantes da propia arte. Incluso os pequenos
comercios que non poden chegar a ambiciosos montaxes, sempre teñen un discreto
toque de inocencia que non deixa de ter gracia.
Esta
mañá ao pasar pola panadería de sempre que pechou fai pouco atopei ese cartel
insolente que vexo repetido en todas as esquinas: “Compro oro”. A panadería aínda
conserva o antigo pero na porta de entrada xa estaba colocado o outro nun rechamante
amarelo. Pero tanto ouro hai para vender, ou é que estamos a recuperar o dos
romanos?
19 oct 2011
Co coco no lume
Crear unha boa imaxe é difícil; mandala ao carallo non. Hai días que neste país todo é confusión e lamento, o ceo se muda no inferno e a mediocridade política se fai o harakiri. Nestes anos no rural non se fixeron todas as cousas mal, existe unha ampla rede de casas de turismo, erguéronse cooperativas agrarias que dignificaron o campo, mozos que da agricultura ecolóxica fixeron un modelo de vida, explotacións gandeiras que recuperaron a ilusión. O sector vitivinícola elabora “xoias” e magnifican de paso a paisaxe. Concellos que souberon ver e actuar e hoxe están en boca de todos. Ourense é un espazo amable con moita historia artística e riqueza ao seu redor, un territorio que debe converter o termalismo en industria e sinal de identidade.
Nin as aldeas, nin os pobos son unha ruína, non, quizais, espazos ermos agardando por líderes que saiban ler o futuro e de cidadáns orgullosos do seu. A natureza humana deixase levar, fai seguídesmos do que ve. A administración debe afastarse da mediocridade e da grandilocuencia ( lease liquidar ou traspasar a Cidade da Cultura) e ser máis tenaz en visibilizar a aqueles emprendedores que están arriscando no rural, debe implicarse, auspiciar proxectos e facer de guía.
A inacción, a carencia de imaxinación e traballo continuado levounos a erros que estamos a pagar moi caros. Onde están aqueles políticos cegos que onte deostaron o banco de terras ou agora non lle dan o pulo necesario? De vender a imaxe de natureza a través dos Parques Naturais e a extensa Rede Natura como acicates de atracción turística, deixámonos levar polo apocalipse. De ofertar a singularidade da nosa paisaxe, a rica arquitectura popular, espléndida gastronomía, apostamos por queimar o noso futuro ao bonzo. Estes días non estamos a revivir nada novo, ao marxe de ser víctimas dunha chantaxe insoportable, transitamos novamente sobre erros de ler mal o presente e peor o futuro. Sen esquecer que Ourense so é nova nacional cando arde, en corpo e alma.
* Publicado no xornal La Región 20/10/2011
16 oct 2011
Cadena de indignación
Puede
que un paisaje de niebla nos evoque infinidad de enigmas, los que cuando ésta desaparezca le acompañarán en
la fuga. La realidad que tanto nos enfurece e indigna no para de desvelarnos
misterios como si fueran los trucos de un mago que de repente se ve desnudo
ante su público.
Se lo
escuché el otro día decir a un oyente de un programa de radio, en la actualidad
las manifestaciones son ya herramientas de protesta del siglo del pasado, debemos inventar fórmulas más sofisticadas, a éstas les pasa como a los
mercados con las malas noticias que las descuentan de antemano. La sociedad en
la que transitamos ya presupone que los ciudadanos molestos, asqueados con sus
gobernantes, con el entramado financiero van a salir airados a las calles a
decirles que no, que así no. Que los recortes son intolerables, que el futuro
es incierto y que el sexo de los ángeles nos resulta indiferente. Sí, por
supuesto, y que somos capaces de
conectar nuestro malestar en cadena, como si el alivio globalizado fuese capaz
de solucionar los problemas individuales. Tal vez lo paradójico es que sean los paradigmas del capitalismo voraz, el de
los teléfonos de última generación, la interconexión en red, los mismos que nos deleitan y seducen, los que
nos crean necesidades y nos regalan libertad, los que ahora esperamos que nos
resuelvan nuestros problemas. Después de ser seducidos por las mieles del
sistema, por el consumo en cadena que administra en tiempo nuestro trabajo,
después de transitar por el más allá para irremediablemente tener que regresar,
resulta complejo asumir realidades que
como en la historia del mago nos muestra infinidad de fisuras.
14 oct 2011
Silencios de hospital
Que sean las cuatro de la tarde de un viernes y
te encuentres en el hall de un hospital
puede responder a varios motivos, de entrada ninguno grato. Desde mi pequeña
atalaya observo, escucho, incluso me deleito con el olfato. ¿A qué huele un
hospital? Lo más importante es que no
destaque por su olor, que no huela demasiado. Menos que irrite tus fosas nasales a base de
potentes desinfectantes, también conozco
alguno de estos. Muy parecidos a pequeñas ciudades que tratan de enmascarar sus
defectos. Este es un hospital pequeño y acogedor, rodeado de montañas, en el medio de una provincia de interior.
Casualmente en él nació mi hija mayor,
Leire, y su breve estancia, hasta que tuvimos que trasladarla, fue de lo más grata. No estoy
acostumbrado al silencio y menos en un hospital, a esta hora en éste el
silencio parece la norma. Acaba de
entrar una señora, que aguarda que alguien se presente en la recepción. El bedel, de mediana estatura, pelo
corto y gris y rasgos poco definidos entra por la puerta, lo hace con un café
en la mano y se dirige a su asiento. Una
enfermera avanza con una desengrasada silla de ruedas vacía; el bedel continúa
con su tarea, rasga unos papeles con los que seguro está confeccionando
etiquetas.
Detesto los hospitales, sí ya sé que son
necesarios pero a mí me recuerdan a la antesala de algo malo, no sé si
necesario, pero malo .Ya sé que probablemente no pase de ser una impresión. Doscientos tres, doscientos treinta y seis,
canta con indiferencia los números de las habitaciones. Se sigue entretenido rasgando
papelitos mientras responde a varias visitas que preguntan por los enfermos.
Sale una pareja de mujeres mayores con la voz elevada, ¿salir? Vuelven a pasar
para adentro con el mismo volumen de voz. ¿De qué se habrán olvidado?
Regreso
a la habitación en la que figura el motivo de mi estancia, habitación 247. Ahora
está dormido, boca arriba, asido a un pequeño tubo de suero. La habitación de
dos camas me había servido antes para dormitar un rato, ahora la ocupa un hombre que acompañado de su
mujer habla a susurros para no
molestar. Mi enfermo se reclina hacia delante, las teclas del ordenador con el
que escribo llaman su atención. Dos intentos de alzar la cabeza nada más y
sigue dormitando. La anestesia y el madrugón lo han dejado agotado. Ahora alza
la mano, como queriendo decir algo, o simplemente reposar la sobre la frente.
La enfermera, a requerimiento mío, ha
dicho que el doctor no pasará hasta el día siguiente, que todo eso ya estaba
previsto.” Previsto sí, pero yo no sabía nada”. “Se le ha informado al enfermo ”. Ya lo tengo, seguiré
escribiendo hasta que aparezca el doctor y nos mande para casa. ¿y si no nos manda para casa? ¿Y si no aparece? Seguiré escribiendo
igual…
12 oct 2011
“Hablemos de Sexo”
Fai máis de vinte anos que unha ourensá, Elena Ochoa, saltou á palestra por explicarlles aos españois en que consistía aquelo do sexo. Fíxoo con corrección si, pero sen pelos na lingua, cun aire entre académico e lúdico. Que se trataran aquelas cuestións na televisión pública en horario de máxima audiencia era algo que excitaba o maxín calenturiento dos españois, aos que o feito de que unha señora lles dera leccións de prácticas amatorias, lles explicara en que consistía eso da sexualidade plena, ou que falara sen pudor de certas cuestión silenciadas ou outras en aparencia tan só de mentes desordenadas, foi algo que pouco menos –esaxero- enlouqueceu ao país. O programa foi un éxito maiúsculo, e a devandita sexóloga, que non era tal, pero eso déixoo para o final, fíxose unha icona da televisión. A Elena Ochoa seguíronlle outras e outros, como Lorena Berdún, con outro tino e moita máis simpatía, pero como aos segundos pratos se lles esixe moito máis, esta tivo que xogar con elementos tan propios da amatoria como da picardía, as fantasías sexuais e incluso a exemplarización en directo do que ela trataba de explicar con palabras, e non porque fora necesario.
Elena Ochoa non era sexóloga senón psicóloga, para o programa ideado por Chicho Serrador o sexo foi unha escusa, en realidade a encomenda que tiña era informar sobre as prácticas de risco que evitaran a lacra exterminadora do VIH; vinte anos despois, este país e os españois, nacionalistas incluídos, necesitan outra vez a axuda, non sei si sexual, pero si psicolóxica. Para minimizar o efecto demoledor ao que nos teñen sometidos, penso que despois do 20-N non pasaría por ocorrencia chamar de novo a Elena Ochoa psicóloga, especializada en enfermidades mentais, e nos recuperara un pouco. Se o considera pertinente, tamén pode falar de sexo.
Publicado no xornal La Región o 13/10/2011
10 oct 2011
Matalo tempo
Imaxino
que cando te enfrontas á vida de verdade é o día que descobres o vertixe no
corpo, cando notas que a este, como se fora doutro, se lle encrespa o vello e
ti observas dende a distancia facéndote certas preguntas, ou tan só unha, por
que a min? Asuminos o día a día como ese folio en branco que se resiste a seguir
o ritmo e a dicción que ti lle marcas; dende a impotencia o seu desaire faiche sufrir. Se na creación tratas de resistir
ate que cheguen as ninfas e che estiren do brazo, vaia engano, por que na vida te
deixas atrapar polo tedio? Por que case sempre tratamos de camiñar sobre seguro,
cando o importante é facelo contrario? Con tento, non se trata de facer o
pánfilo ou o crápula.
Pensade que a vida é esa amante que aínda descoñece o que lle designará
o destino, darche calabazas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Envolturas de silencio
E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...
-
Iconos Imagen: Jeff Koons y Cicciolina, "Ponies", 1991 Autor: Jeff Koons Jeff Koons y Cicciolina Jeff Koons J e...
-
De Moda Patricia Argüelles, 30 años, músico. E l corazón de Patricia Argüelles respira aquí pero si...







