Mostrando entradas con la etiqueta Del Bosque. Rajoy. Rescate. Torres. Política.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Del Bosque. Rajoy. Rescate. Torres. Política.. Mostrar todas las entradas

13 jun 2012

Non, non somos Uganda # Galego


José Paz

 Sempre tiven admiración pola cirurxía médica, uns magos que salvan vidas. Admiración extensiva  a pilotos, científicos, e porque non,  aos mestres de escola, das súas mans sairán as guías que construirán o futuro.
  A pé de rúa os profesionais negados  co seu oficio teñen os días contados , os resultados son sempre visíbeis. A sociedade non apoia a un panadeiro que faga mal pan, ou a un taberneiro que despache mal xénero, nin a un construtor ao que se lle derrúan os edificios. De todos os oficios o fútbol é un extremo de visibilidade. Tralo partido do domingo, as críticas cara del Bosque polas discrepancias tácticas ou contra a falta de precisión de Torres non agardaron. Son oficios cun plus de presión pola empatía que desprenden; o propio Rajoy aludiu a eles para elevar a moral dos españois.
  Que ten a política que a fai diferente? O sábado pasado ás 19h 46´ fomos rescatados. Rescate light, selectivo ou inexistente; que máis dá que dá o mesmo. Un rescate financeiro que agravará o déficit público –Eurostat dixit– para salvagardar as entidades mal xestionadas desde a política e os sindicatos. É a política un paraugas contra a crise ? Que porcentaxe de protexidos da política perderon o emprego desde o inicio da crise en comparación co resto? Tralo rescate pola miña testa enfermiza pasaron os ilustres gobernantes que co diapasón cambiado leváronnos  a este calvario de sacrificios. Sacrificios para resarcir os erros do sacrificador neglixente, matachín ou verdugo. Ou iso ou o caos. Por que un político é distinto dun médico que mata a un paciente por errar na diagnose? Por que alguén que xestionou mal no pasado non responde dos erros no presente?O  chan cheo de vítimas, o país mofa internacional e os culpábeis vendo fútbol. De traca.

*Publicado no xornal La Región 13/06/2012

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...