30 nov 2011

Tráfico e traficantes






     O máis probable é que algúns herdeiros dos históricos clans galegos do contrabando xa estean  na dirección correcta, demostrando gran axilidade; se outrora migraron sen problemas do tabaco á coca, agora tamén. A crise é o que ten, primeiro seméntase, énchese á sociedade de medos e pesimismo para que emerxa o terror; derrotados e sen autoestima é moi fácil traficar cos homes como se fosen bestas. Os traficantes coñecen o mecanismo, non desperdiciarán o botín; a mercadoría está clara, os destinatarios tamén, a mocidade. Os vellos pero remozados clans dispostos outra vez ao traballo, coma se fose un “remake”. Coñecen a frialdade da cadea, non é a primeira vez, e non lle teñen ningún medo. Arriscado, pouco ético? A falta de moralidade non lles preocupa, carecen dela, acostumados ao delito tamén a pagar por elo.
Deulles folgos o feito de que os que nestes anos cometeron máis tropelías , os que máis meteron os dedos na caixa, os que abocaron á sociedade a esta deriva, son agasallados e as institucións coas que instrumentalizaron a súa fazaña insufladas de adrenalina en vena de sangue humana. Vista a crise da humanidade –a peor das crises- e coas miserias humanas ao descuberto, camiñan fortalecidos, decididos a actuar, co único oficio que coñecen, o tráfico de sustancias ilícitas. Decatáronse de que a alegría é un material sumamente dopante, tan escaso ou máis que a droga máis aditiva, quizais o único antídoto real para sobrevoar o abismo. Fai días que deixaron correr a nova, e xa se ven pola rúa ringleiras de persoas dispostas a facer de cobaia, en busca da correspondente dose de alegría, sen ser conscientes do que lles espera, do mono que está por vir, necesitarán máis e máis doses, e deberán volver a verlle a cara a eses seres indesexables, avariciosos que sempre especularon con todo.    

  *Publicado no xornal La Región o 1/12/2011 

26 nov 2011

Releendo amizades



Non é fácil, todo o contrario. Revisando recortes de prensa do meu arquivo atopo unha chea de documentos dos que xa non me lembraba. O feito de recortalos no seu momento corresponde a unha determinada decisión á que agora trato de atopar unha resposta que non sempre encontro. Non son moi antigos, mais algún dos seus autores xa non están neste mundo connosco. A sensación ao reléelos é ben incómoda,como se estiveras facendo algo que non debes, usurpándolles de algunha maneira o espírito. Hai de todo, columnistas de raza, outros en visos de selo. Tamén outros cos que tiven certa ligazón, pero os que máis doen son aqueles dos que considerabas amigos, son eses os que agora che mancan máis. Os amigos son así, pouco a pouco van regalándoche cousas, artigos que falan deles, colleitas propias das que se sentían especialmente orgullosos, para agora facerche sentir de preto que é iso que se chama vertixe.

24 nov 2011

O lamento do candidato



                          Hai mensaxes que non chegan ou cando o fan é demasiado tarde, que vén a ser o mesmo. Camiño do ascensor detéñome un instante a baleirar a caixa de correo, decátome dunha publicidade tirada no chan. Xa sei que é  moi habitual, que non normal,  ciscar a publicidade en vez de buscarlle outro destino. O folleto é pequeno pero me resulta familiar. Dende o chan a altura do zócalo este diríxese a min cunha voz entrecortada, como de lamento, pedindo comprensión e axuda, que ten algo moi importante que dicir, que tan só demanda un minuto de atención e que non me vai roubar máis tempo. Dígolle que si, que acepto, que me conte a súa mensaxe pero que sexa breve.
                         Dime que é un candidato as eleccións xerais do 20-N, que este país está en perigo, que se as pensións, a educación, a sanidade vai ser víctima se el non gana de recortes severos. Que el sabe cómo sacar adiante o país, xerar emprego, e confianza, que o crea de verdade que o di con toda sinceridade, que os riscos son moi evidentes. Dime todo iso case chorando. Eu lle pregunto que se sabe qué día é, que a estas alturas este país xa ten novo presidente. Bótase a chorar, o folleto electoral coa imaxe do candidato sobreimpresionada sobre outra do AVE encheuse de bágoas. A situación incomódame, recólloo do chan e marcho con el para a casa. A verdade é que aparentaba sinceridade.   

23 nov 2011

Mariano, dáme un bico


                                            

Hai bicos que son navallas, como o que recibiu Erich Honecker de Gorbachov nos beizos aquel outubro do 1989, frío e protocolario, con desidia, cando o que necesitaba o vello líder comunista alemán eran “mimos”. Un mes despois caeu o muro de Berlín.Que lonxe daquel outro pasional e libidinoso regalado por Brezhnev, tamén ruso, pero que nada que ver! Conmemorábase daquela o trinta aniversario da extinta RDA, nese si que houbo paixón, tanta que escandalizou aos outros líderes europeos.
Bicar é saudable, estimula o cerebro. O beneficio é mutuo, tanto para o que dá, como para o que recibe, incluso para os miróns, que disfrutan de balde no goce alleo. Hai bicos apaixonados, paternais, obscenos, de loucura, eclesiásticos, inclusive de pésame. Tamén liberadores, os que se relatan nos contos infantís, lembrade que Brancaneves ou a Bela durminte espertaron despois de ser bicadas por un príncipe. Hainos de traizón, o famoso de Xudas; ou de película, como en “Casablanca”. Bicos que non esquecerás, ou eso din, o da primeira vez. “No comment”. Bicos de solidariedade, nos antigos réximes comunistas os mandatarios bicábanse na boca; os césares romanos tamén, como mostra de recoñecemento. Hainos de foto, como o parisino bico de Robert Doisneau , ou o non menos famoso de Alfred Eisenstaedt, o da enfermeira bicada polo marine en Time Square trala rendición de Xapón na segunda Guerra Mundial. Cada bico ten un sabor diferente e cada cultura unha maneira de facelo, en protocolo sábeno ben.
Tralo tsunami electoral do pasado domingo Mariano Rajoy quixo regalarmos unha imaxe, tamén un bico, non custan cartos. Pero seguro que non evitou que polo seu maxín circulase outra imaxe, mesmo balcón, ano 2008, e el dicindo “terra trágame”.

    Publicado no Xornal La Región 24/11/2011

21 nov 2011

Mariano, ten fe




      Din que a confianza pode ser a nai dos descoidos. Mariano Rajoy sábeo. Como bo galego non se fiou dela un instante nestes quince días. O problema é que agora este país e o se entorno necesita máis confianza, pero  non da que nos receitou Don Mariano durante a campaña, fai falta da de verdade. A desesperación,  fartura e o desconcerto conseguiu que o electorado se envorcara nun candidato, non por confiar no seu programa, do que tan só se intuían as liñas mestras, senón por fe. A mesma fe que respira un devoto da virxe de Fátima o a que evidencian cada día millóns de españois xogando á loto. 
     O futuro novo presidente non tivo que esforzarse nin en memorizar un programa nin en dicir nada do que lles corroe por dentro a tantos cidadáns, tan só tivo que representar o papel de home conservador, de conservar os réditos, consciente do desaguisado interno e o tsunami externo que estaba arrasando co rival. O problema  é que os mercados agora, ao marxe de famentos,  son uns descridos.

20 nov 2011

Palabras para el abismo




   
  Resulta fustrante que nuestro lenguaje haya desistido del empleo de términos como paraíso o porvenir para referirse al futuro, cuando no son más que expresiones vacías que no comprometen a nada, metáforas condicionadas al oficio de soñar más que al arte de gobernar.
    El empleo del lenguaje no te llevará a ningún lugar y a la vez puede hacerlo a cualquiera. Cuando la política se envuelve  en un lenguaje de corte apocalíptico éste acaba por alcanzar a la sociedad y la realidad se muda envenenada. No culparemos en exclusiva al lenguaje, pero sí  en parte, la justa para condicionar el desenlace. El funcionamiento de las agencias de ratig, su endiablado lenguaje, las valoraciones sobre un determinado país, comunidad o empresa, en momentos de turbulencias, provocan en el  destinatario la reacción en esa dirección apuntada,  abocándolo a una situación cada vez más compleja. En política, en la sociedad en general, el empleo de un lenguaje machacón sí que condiciona los resultados. No es una teoría, es pura psicología. 
     En el lenguaje figurado nos referimos al abismo como esa posibilidad de caer en desgracia, de someternos a grandes peligros. El antiguo Testamento ya se refería a él como el caos, el lugar reservado al infierno. Resulta espeluznante tan sólo el hecho de pensar en él, de correr la suerte de caer en desgracia y someterse a sus adentros. No creo que alguien de manera interesada nos haya querido marcar un destino tan inseguro e incierto, pero el uso inadecuado e insistente del lenguaje  puede haberlo acelerado. 

19 nov 2011

Benvido a Itaca




Que a viaxe sexa longa e frutífera, sen presas, que che permita gozar de moitos veráns. Esquece os medos, tan só é necesario que o teu pensamento se eleve.  Cando chegues a Ítaca, como dicía kaváfis, que a experiencia e a vellez che permita afrontar sen fustración o destino,  a riqueza levarala canda ti.

17 nov 2011

Unhate, quérense...



Imaxinémonos por un momento que os desexos de Benetton se fixeran realidade, que Merkel e Sarkozy, Obama e Hu Jintao, Benedicto XVI e Al-Azhat foran en realidade parellas sentimentais, botarían polo chan o sentido da campaña da firma italiana porque estarían narrando un feito cotiá común a dúas parellas que se aman, e polo tanto tratando de trasladar a sociedade unha mensaxe carente de pulso.
   Non é o caso. Aínda que nos desexos da polémica marca comercial apuntan a que prime o amor no mundo, eles primeiro incendian o camiño e non precisamente con bicos . A verdade é que a estas alturas Benetton como grupo creativo non evolucionou gran cousa dende a saída de Oliviero Toscani como publicista omnipresente na  empresa, o esquema segue exactamente a ser o mesmo,  que os medios lle fagan a campaña a partir dun escándalo aparentemente controlado. O que pasa é que, ao tratarse dunha marca consolidada e unha estratexia ben definida, esta funciona. Eu de entrada lles pediría algo orixinal, máis se falamos dunha empresa que parte de premisas de corte social a hora de abordar as campañas. Europa, Berlusconi, Mario Monti, os mercados?  Que fuxan do fácil, do obvio, que deso por desgracia vamos servidos. É curioso como a metodoloxía do simulacro e a temática relixiosa excita aos artistas italianos. Monxas e curas bicándose en público, pero sobre todo a achicoñecida imaxe de Juan Pablo II morto por un raio de Maurizio Cattelan.  

16 nov 2011

Todos en bolas




A verdade é que somos ben simples. Resulta que a Unión Europea,vaia eufemismo!, vén de autorizar o uso do polémico escáner corporal, vamos que xa non lle porá reparos a que, en pro da seguridade, cada cidadán se mostre “en bolas” ante os ollos dun funcionario, iso si coa salvidade de que o material non se poderá almacenar, nin copiar, ou imprimir. Quen o supervise, tampouco cotexará o reproducido coa cara das persoas. Faltaría máis! A verdade é que vivimos nunha sociedade trastornada, bipolar, eu non me imaxino a ningún profesional, que tamén os haberá, exercendo o seu traballo con ansias libidinosas. E dende logo, ante a disxuntiva de voar con seguridade –aínda que che limite a intimidade- ou facelo coa dúbida, creo que non hai nada que falar. Escandalizámonos por un corpo espido cando, salvo honrosas excepcións, somos todos ben mediocres. E ademais de dedicarmos a pescudar, o verdadeiramente interesante das persoas non está no exterior, senón no interior, no seu pensamento, e aí si que tería morbo o uso dun escáner sensible. Que fantásticas perlas xurdiron cando algún político confesouse de verdade ante un micrófono aparentemente pechado, que é realmente cando din o que pensan. O máis recente no tempo foi Sarkozy, que se espido non vale nada, cando se lle vai a lingua. “non o soporto, é un mentireiro”, comentou ante Obama no derradeiro cumio do G-20 referíndose a Netanyahu . “Ti estarás farto, pero eu o teño que soportar tódolos días”, lle respondeu o americano. Frases curtas, ás veces palabras soltas, expresións vulgares pero que deixan ben espido ao personaxe. Dende o “manda huevos”, de Trillo; ao “vaya coñazo que he soltado” de Aznar tras un discurso seu; ou o “coñazo” de Rajoy nun desfile; incuso as perlas de linguaxe irreproducible nestas liñas de Esperanza Aguirre, non por pudor, senón por estética. Que interesante sería nestes días coñecer as intencións, as de verdade, dos candidatos enfrascados na campaña electoral, ou por extensión as de Ángela Merkel, quen nos fai de guía espiritual neste devenir polo purgatorio no que estamos metidos, que como todos sabedes é antesala do inferno.

Artigo publicado no xornal La Región o 17/11/2011

15 nov 2011

"En los límites de lo visible", nueva serie de José Paz













No es fácil parir un nuevo trabajo, menos que mantenga el espíritu y ofrezca continuidad con otros proyectos anteriores. Un universo personal con el paisaje como telón de fondo que se nutre de tiempo y silencio, y en el que la memoria marca la pauta. Estas son algunas de las remozadas líneas que estoy trenzando, a medio camino entre las series “De memoria” y “Ao límite”, tiene algo de las dos y mucho de todo. Dejo también un texto para que enmarcar conceptualmente estas imágenes.



*Siempre que pienso en lo natural como planteamiento me viene a la cabeza el vetusto mito de Sísifo, con una salvedad, en la naturaleza no hay nada absurdo, en cualquier caso sería lo humano. Lo del hombre con lo natural ha sido, es y será una endemoniada lucha por su dominio y control, en ocasiones encomiable, por lo que tiene de inteligente y de reto de superación, ignominiosa en tantas, cuando se prescinde de la experiencia y el conocimiento proyectando sobre ella tan sólo intereses espurios y rápidos olvidándonos de que lo natural es lo que nos conecta con la vida.


Hay un punto que rodea a lo natural que me resulta fascinante, aquel que discurre paralelo al concepto de ruina, ligado éste al paso del tiempo y al hacer, que no escenificar, del hombre. Perdido su uso, aún en medio de un aparente estado caótico, todo escenario natural, mantiene parte de su integridad y en él encontraremos siempre aspectos que nos evocan a un pasado que delata su identidad. Tal vez algo inconcreto, difícil de ubicar en el tiempo, sujeto a una necesaria imaginación. Ensoñación romántica? Puede ser. No persigo escenarios mayúsculos, ni alejados en la distancia, y menos mediáticos, pero que sí nos hagan pensar, formular preguntas que respondan acerca de lo que fuimos, somos y seremos. Paisajes en los que no veremos personas pero si estará representado su espíritu.


Toda formulación enunciada a través del paisaje, natural, urbano o emocional, tiene que ver con la experiencia, con el conocimiento adquirido a través del legado cultural y de la propia historia del arte. Como ejercicio de representación del paisaje estará marcado por la mirada, la individual que cada uno proyecta sobre un determinado espacio, y la colectiva, la que hemos heredado de todos aquellos “sabios” que nos han precedido, geógrafos, naturalistas, viajeros, pintores… Intelectuales todos que han pensado el paisaje y todo lo que ello conlleva, porque el paisaje como ejercicio intelectual que es, se piensa, pero primero se ha de sentir de manera apasionada.


La fotografía anclada en lo documental ha demostrado ser la herramienta perfecta para transmitir experiencias no solo estéticas o intelectuales, si no también sensoriales. Como fotógrafo me interesa lo que de misterioso y mágico nos precipita el ejercicio de la representación fotográfica, como paisajista sus potencialidades para trasmitir las experiencias y el conocimiento adquirido innato a todo ser humano así como el inherente espíritu de superación.


Los bocetos presentados en esta nueva serie, a quienes conocieran trabajos anteriores de intervención de la naturaleza en los que proyectaba sobre la materia y el territorio, un ejercicio inspirado en cuanto a su proceder en cuestiones relativas a un entorno rural, éstas pueden resultar desconcertantes, por frías y desangeladas, esa es parte de la intención. Deseo sumergirme en la parte sensorial de la imagen, huyendo de lo puramente descriptivo, proyectando de paso la mirada en lo imposible, en los límites de lo visible. Tan difíciles de fotografiar como de ver. Son imágenes que necesitan reposo, como reposo necesita la mirada. Imágenes que inciden en el concepto de ruina, de caos, de desorden. Algunos son espacios desaconsejables sumidos en el olvido, otros en el abandono. En todos he tratado de incidir con las mismas armas, lo poético y lo sublime. Los límites, en este caso visuales suponen un nuevo reto.

14 nov 2011

Dúas mulleres, Diane Arbus e Francesca Woodman


Francesca Woodman

Diane Arbus

É curioso cómo se articula o pensamento. Fai un intre pensei en escribir algo sobre a  fotógrafa neoiorquina Diane Arbus (1923-1971), e non puiden evitar asociala á imaxe  doutra fotógrafa,  Francesca Woodman (1958- 1981). Por que? As dúas mulleres, norteamericanas, e suicidas. Ambas deciden rachar coa vida do mesmo xeito, pero ese non creo que fora o asunto que me levou a asocialas. As dúas indagan no tema do corpo, unha seducida polos referentes distorsionantes que atopaba na rúa,  seres aos que trataba de gañar para a causa fotográfica e, a outra, perseguindo fantasmas interiores a través de autorretratos en espacios de aspecto sinistro e sobre os que  reflectía unha especie de fantasía romántica.

    A imaxe destas mulleres, cuxa obra resiste ben o paso do tempo,  está moi mitificada. Ambas atoparon respostas persoais indagando nunha certa estética morbosa, escura, algo máis clara , alomenos en aparencia, no caso de Diane Arbus. Era evidente que ás dúas tiñan actitudes de coleccionista, que no caso de Arbus se aproximaba máis a dun coleccionista de rarezas animais, aos que dotaba dunha pose fascinante gracias a unha gran mestría, mentres no caso de Francesca a persecución establecida tiña a finalidade de pescudar no seu interior, unha exploración de corte esteticista na que a pulsión sexual reinaba todo o tempo.

     O feito de asociar hoxe a vida destas dúas mulleres ten unha explicación. Despois dunha vida tortuosa coa que racharon de xeito  drástica, a obra se perpetúa vigorosamente no tempo gracias á, calidade da mesma, e ao esforzo das familias por manter vivo o seu legado, cuestión de agradecer.

11 nov 2011

Xabarís na AG-53

                                      
                                                           “La segunda oportunidad”

“O home é o único animal que tropeza dúas veces na mesma pedra”. Creo que ese era o lema empregado no vetusto programa televisivo de Paco Costas “La segunda oportunidad” co que este avezado do motor ensinou a conducir a un país nun momento no que o uso dos cintos de seguridade era un exceso e os adiantos libre albedrío unha máxima. “Morre en accidente de tráfico o presidente da Xunta” “O coche no que viaxaba perdeu o control tralo impacto con dous xabarís”. Grazas a deus o titular e o subtítulo non son reais, son froito do meu maxín enfermizo, pero imaxinádevos por un momento que se tralo accidente de tráfico que tivo lugar o pasado mércores na AG-53 entre Lalín e Dozón, ese fora o desenlace. Agora estariamos falando doutra linguaxe e reclamando esa segunda oportunidade que anunciaba Costas para o presidente de Galicia, e para todos nós, representados nel. Falariamos, como non, do vilipendiado Audi A-8, ese bunker sobre rodas máis defenestrado que Zapatero e Touriño xuntos. Non amentemos a bicha, pero se o accidente houbera sido máis grave esa sería a hipótese que se estaría agora manexando nos medios, e con toda seguridade lamentándomos. Dariámoslles voltas á cuestionada e sonada medida do presidente de restar seguridade, que non luxo, a un coche que xa estaba adquirido, en pro da austeridade. Falando de austeridade, a propia Dolores de Cospedal sacou esoutro día a poxa a súa particular flota de vehículos oficiais entre os que se atopaba tamén un modelo semellante que pertenceu a José María Barreda. Estarán os alemás contentos coas nosas leccións!
Os xabarís son un animal que nestas terras forman parte da paisaxe, nun territorio ermo e ao que a presenza do home xa non lle asusta, pero o presidente non é un home común, é o máximo representante, e merece un respecto. Unha cousa é campar ás anchas e outra saírlle ao paso nun tramo de autoestrada; segundo din, entraron pola peaxe. Foi outro presidente quen nos liberou, non dos xabarís, si do pago na peaxe dese tramo de autoestrada. Un xesto nada común para a esquecida comunidade ourensá, tan necesitada de xestos, e moi acostumada, de verdade que si, á medicina da austeridade.

    Publicado no xornal La Región o 12/11/2011

A soidade de María Puertas



         O que máis me gusta da pintura de María Puertas (Ourense, 1973) é a sinceridade e a sinxeleza coa que se nós presenta, e falando de arte, non é pouco. María é unha artista silenciosa, discreta, a súa pintura tamén. A nova mostra “Todo el espazo está sólo” que podemos ver na Galería Marisa Marimón é deliciosa, unha serie de metacrilatos pintados nos que aborda o equilibrio entre a creación humana e a propia natureza. 
                  A obra da artista ourensá é moi fácil de recoñecer xa que dende os seus primeiros traballos o contido xira arredor dos mesmos conceptos, o home e o seu hábitat, unha pertinente metáfora para non complicarse moito a vida e, por extensión, alcanzar o divino e o humano. Outra característica dela, a nivel persoal tamén a comparto, é a pretendida imperfección dos acabados, nas súas imaxes aprécianse os erros, a irregularidade do trazado evidencia a feitura a man, non lle resta nada, todo o contrario. As formas imprecisas sigularizan un traballo con momentos xa importantes, cun aporte volumétrico propio dos escultores que se adentran na pintura. Unha pintura mental que nos fai circular ao seu carón, que pola súa compoñente mental nos obriga a reflexionar, e tamén a gozala.

         “Todo el espacio está sólo”, de María Puertas, Até o 13 de xaneiro na Galería Marisa Marimón de Ourense.

10 nov 2011

Non é igual, é parecido




  As veces teño a impresión de que Internet é a realidade o que as presas á vida tranquila. Non creo que o estado case líquido que estamos a vivir teña algo que ver coa tecnoloxía, aínda que  esta acelere os seus efectos, cando o que se trataba non era de corrixilos? Alomenos eso se dicía.  Hoxe a realidade síntese acosada pola urxencia dun modelo de vida no que os mercados campan e flúen á velocidade da luz gracias á tecnoloxía e as redes. A política é unha víctima máis de este sen vivir, no momento que se decide actuar as novas xa medraron.  O que peor levo e cando te pos diante do ordenador e en vez de relaxarte un pouco, algo imposible xa que estes aparellos a min me excitan máis que unha Coca-Cola, e comezas ti tamén a esixirlle novas. É claro, as novas son monotemáticas.  

9 nov 2011

Quen nos roubou o sorriso?


                                       


Un país sen sorrisos é coma un neno sen soños. Na foto fixa deste país fai moito tempo que se perdeu o sorriso. Se hoxe recuperáramos a imaxe de non fai máis de cinco anos atopariamos un país bulicioso, case arrogante. Vivíanse momentos de frenesí e clímax. O “apalancamento” financeiro convertérase na relixión con máis adeptos. Os economistas falaban tan frecuentemente de opas coma de saques de banda nun partido de fútbol. Nun lustro a construcción ergueu o que, con sentido común, se faría en varias décadas. Pero non só lle pasou á construcción, á automoción, o consumo en xeral atopábase literalmente fervendo. Nos medios pululaban desafiantes homes de negocios que ostentaban máis glamour e divismo que o mesmo Ronaldo, competindo en mansións e metros de iate. A economía patria pronto se lles quedou chica e se lanzaron á conquista de París, Berlín ou o que fora, a forza de endebedamento e deixar perplexa a media Europa. O problema da arrogancia, do éxito fácil, das mecánicas especulativas, ao marxe de ter os días contados, é que se alimenta de fume e de complicidade necesaria, e se nutre de inocentes para estender así o contaxio.
De repetir a imaxe, decatariámonos de que moitos daqueles homes de negocios xa non están na palestra, e se o están, xa non sorrín. Algúns, como moitos españois, emigraron, lóxico e desexable nunha economía globalizada, outros malvenderon as súas empresas, ou literalmente se arruinaron, porque a diferencia da banca, os riscos e os erros foron exclusivamente seus. Ningunha administración, político, economista, ou axencia de rating tivo a tentación de profetizar o desenlace, e menos tomar certas precaucións, porque a situación era tan perfecta como excitante: o país de “Juan sin Miedo” era o casino feliz. O inxusto é que a ti, coma á inmensa maioría, que non pediches fogos de artificio, agora che estralen na man.

8 nov 2011

Historias de café. Café con Música





A mestría coa que algúns reparten a marmelada e cortan a tostada e digna de  admiración e estudio. Non menos que ese inquietante tintinar cando toca remover o azucre.

3 nov 2011

Stanley Jordan en el Café Latino






     Para conmemorar su veinticinco aniversario como local de jazz, el Café Latino de Ourense nos ha deleitado esta noche con una propuesta de esas de degustar a pequeños sorbos. Stanley Jordan, el músico elegido,  es un artista que ha sabido conjugar una técnica superlativa con una particular fórmula de tocar la guitarra. Su música adquiere una belleza increíble incluso cuando aporrea el mástil de su guitarra. Es capaz de obtener melodías fantásticas incluso cuando toca con una sola mano, o mano a mano cuando la combina con el piano. El hecho de actuar solo sobre es escenario le multiplica  al margen de garantizar en él todas las miradas. En algunos momentos, no muchos, puede que el discurso suene repetitivo, pero bastante menos que el de otros guitarristas de jazz. Quizás lo más curioso es la sensación de verlo transitar de los discursos de corte más clásicos al pop, pasando por las instrumentaciones latinas o brasileiras. "Copacabana", "Eleanor Rigby",  "Autumn Leaves", "Stairway to Heaven". En fin, una delicia como solista, un placer de Café Latino.

2 nov 2011

Oficio de Vivir



                                           
                                                           
       Na sinxeleza, na sensibilidade e na capacidade de gozar das pequenas cousas penso que se atopan as solucións dalgúns dos nosos problemas. Xa é hora de reivindicar a vida, ao redor de nós hai accións cuxa execución tan só demandan tempo e saúde.
        Esoutro día – e non é a primeira vez- contra o solpor da  tarde marcada pola outonía e a choiva tiven a sorte de gozar dunha viaxe –que non fuxida- tan real como imaxinaria, da que custa desprenderse. Todo un privilexio o de camiñar polo  bosque guiado pola luz decadente e acompañado da melancolía, un estado que os galegos patentaremos algún día. As tardes de aldea nestas datas son o que teñen, non fai falla esforzarse demasiado para sentir sentirse en plenitude. O feito de camiñar baixo as congostras incrementa as lembranzas e quizais, a necesidade de fabulación. Que fantástico e telúrico argumento o de deixar que a choiva ao caer exerza sobre ti de improvisado metrónomo, o de sentir a humidade nos pés ao avanzar por vetustos camiños de auga, nos que non fai tanto avanzaban paseniño uns carros de vacas tan ateigados de penuria como sobrados de sinceridade. É máis, se lle afinas o oído aínda se escoitan ao lonxe. A partitura póñena uns muros de pedra erguidos a pulso por homes recios e pel curtida. A musicalidade, a dos carballos e os castaños coase milenarios que con tanta xenerosidade nutren o outono. Non  fai falta luz, chega a mínima para guiarse entre estreitos carreiros que che regalan o cheiro da terra mollada, e a posibilidade de, dende a frondosidade dunhas árbores medradas no libre albedrío, escrutar as luces dos pobos que se perciben no horizonte, diminutos puntos luminosos cuxa nula visibilidade e a bruma lle aportan máis misterio. Case a escuras, a proximidade dos ladridos cánidos e o indescritible cheiro a fume de leña sinalan que a viaxe vai preto do destino. Que toca regresar, máis non esquecer a melodía.

        Publicado no Xornal La Región 3/11/2011

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...