11 nov 2011

Xabarís na AG-53

                                      
                                                           “La segunda oportunidad”

“O home é o único animal que tropeza dúas veces na mesma pedra”. Creo que ese era o lema empregado no vetusto programa televisivo de Paco Costas “La segunda oportunidad” co que este avezado do motor ensinou a conducir a un país nun momento no que o uso dos cintos de seguridade era un exceso e os adiantos libre albedrío unha máxima. “Morre en accidente de tráfico o presidente da Xunta” “O coche no que viaxaba perdeu o control tralo impacto con dous xabarís”. Grazas a deus o titular e o subtítulo non son reais, son froito do meu maxín enfermizo, pero imaxinádevos por un momento que se tralo accidente de tráfico que tivo lugar o pasado mércores na AG-53 entre Lalín e Dozón, ese fora o desenlace. Agora estariamos falando doutra linguaxe e reclamando esa segunda oportunidade que anunciaba Costas para o presidente de Galicia, e para todos nós, representados nel. Falariamos, como non, do vilipendiado Audi A-8, ese bunker sobre rodas máis defenestrado que Zapatero e Touriño xuntos. Non amentemos a bicha, pero se o accidente houbera sido máis grave esa sería a hipótese que se estaría agora manexando nos medios, e con toda seguridade lamentándomos. Dariámoslles voltas á cuestionada e sonada medida do presidente de restar seguridade, que non luxo, a un coche que xa estaba adquirido, en pro da austeridade. Falando de austeridade, a propia Dolores de Cospedal sacou esoutro día a poxa a súa particular flota de vehículos oficiais entre os que se atopaba tamén un modelo semellante que pertenceu a José María Barreda. Estarán os alemás contentos coas nosas leccións!
Os xabarís son un animal que nestas terras forman parte da paisaxe, nun territorio ermo e ao que a presenza do home xa non lle asusta, pero o presidente non é un home común, é o máximo representante, e merece un respecto. Unha cousa é campar ás anchas e outra saírlle ao paso nun tramo de autoestrada; segundo din, entraron pola peaxe. Foi outro presidente quen nos liberou, non dos xabarís, si do pago na peaxe dese tramo de autoestrada. Un xesto nada común para a esquecida comunidade ourensá, tan necesitada de xestos, e moi acostumada, de verdade que si, á medicina da austeridade.

    Publicado no xornal La Región o 12/11/2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...