11 nov 2011

A soidade de María Puertas



         O que máis me gusta da pintura de María Puertas (Ourense, 1973) é a sinceridade e a sinxeleza coa que se nós presenta, e falando de arte, non é pouco. María é unha artista silenciosa, discreta, a súa pintura tamén. A nova mostra “Todo el espazo está sólo” que podemos ver na Galería Marisa Marimón é deliciosa, unha serie de metacrilatos pintados nos que aborda o equilibrio entre a creación humana e a propia natureza. 
                  A obra da artista ourensá é moi fácil de recoñecer xa que dende os seus primeiros traballos o contido xira arredor dos mesmos conceptos, o home e o seu hábitat, unha pertinente metáfora para non complicarse moito a vida e, por extensión, alcanzar o divino e o humano. Outra característica dela, a nivel persoal tamén a comparto, é a pretendida imperfección dos acabados, nas súas imaxes aprécianse os erros, a irregularidade do trazado evidencia a feitura a man, non lle resta nada, todo o contrario. As formas imprecisas sigularizan un traballo con momentos xa importantes, cun aporte volumétrico propio dos escultores que se adentran na pintura. Unha pintura mental que nos fai circular ao seu carón, que pola súa compoñente mental nos obriga a reflexionar, e tamén a gozala.

         “Todo el espacio está sólo”, de María Puertas, Até o 13 de xaneiro na Galería Marisa Marimón de Ourense.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...