14 nov 2011

Dúas mulleres, Diane Arbus e Francesca Woodman


Francesca Woodman

Diane Arbus

É curioso cómo se articula o pensamento. Fai un intre pensei en escribir algo sobre a  fotógrafa neoiorquina Diane Arbus (1923-1971), e non puiden evitar asociala á imaxe  doutra fotógrafa,  Francesca Woodman (1958- 1981). Por que? As dúas mulleres, norteamericanas, e suicidas. Ambas deciden rachar coa vida do mesmo xeito, pero ese non creo que fora o asunto que me levou a asocialas. As dúas indagan no tema do corpo, unha seducida polos referentes distorsionantes que atopaba na rúa,  seres aos que trataba de gañar para a causa fotográfica e, a outra, perseguindo fantasmas interiores a través de autorretratos en espacios de aspecto sinistro e sobre os que  reflectía unha especie de fantasía romántica.

    A imaxe destas mulleres, cuxa obra resiste ben o paso do tempo,  está moi mitificada. Ambas atoparon respostas persoais indagando nunha certa estética morbosa, escura, algo máis clara , alomenos en aparencia, no caso de Diane Arbus. Era evidente que ás dúas tiñan actitudes de coleccionista, que no caso de Arbus se aproximaba máis a dun coleccionista de rarezas animais, aos que dotaba dunha pose fascinante gracias a unha gran mestría, mentres no caso de Francesca a persecución establecida tiña a finalidade de pescudar no seu interior, unha exploración de corte esteticista na que a pulsión sexual reinaba todo o tempo.

     O feito de asociar hoxe a vida destas dúas mulleres ten unha explicación. Despois dunha vida tortuosa coa que racharon de xeito  drástica, a obra se perpetúa vigorosamente no tempo gracias á, calidade da mesma, e ao esforzo das familias por manter vivo o seu legado, cuestión de agradecer.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...