30 nov 2011

Tráfico e traficantes






     O máis probable é que algúns herdeiros dos históricos clans galegos do contrabando xa estean  na dirección correcta, demostrando gran axilidade; se outrora migraron sen problemas do tabaco á coca, agora tamén. A crise é o que ten, primeiro seméntase, énchese á sociedade de medos e pesimismo para que emerxa o terror; derrotados e sen autoestima é moi fácil traficar cos homes como se fosen bestas. Os traficantes coñecen o mecanismo, non desperdiciarán o botín; a mercadoría está clara, os destinatarios tamén, a mocidade. Os vellos pero remozados clans dispostos outra vez ao traballo, coma se fose un “remake”. Coñecen a frialdade da cadea, non é a primeira vez, e non lle teñen ningún medo. Arriscado, pouco ético? A falta de moralidade non lles preocupa, carecen dela, acostumados ao delito tamén a pagar por elo.
Deulles folgos o feito de que os que nestes anos cometeron máis tropelías , os que máis meteron os dedos na caixa, os que abocaron á sociedade a esta deriva, son agasallados e as institucións coas que instrumentalizaron a súa fazaña insufladas de adrenalina en vena de sangue humana. Vista a crise da humanidade –a peor das crises- e coas miserias humanas ao descuberto, camiñan fortalecidos, decididos a actuar, co único oficio que coñecen, o tráfico de sustancias ilícitas. Decatáronse de que a alegría é un material sumamente dopante, tan escaso ou máis que a droga máis aditiva, quizais o único antídoto real para sobrevoar o abismo. Fai días que deixaron correr a nova, e xa se ven pola rúa ringleiras de persoas dispostas a facer de cobaia, en busca da correspondente dose de alegría, sen ser conscientes do que lles espera, do mono que está por vir, necesitarán máis e máis doses, e deberán volver a verlle a cara a eses seres indesexables, avariciosos que sempre especularon con todo.    

  *Publicado no xornal La Región o 1/12/2011 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...