9 nov 2011

Quen nos roubou o sorriso?


                                       


Un país sen sorrisos é coma un neno sen soños. Na foto fixa deste país fai moito tempo que se perdeu o sorriso. Se hoxe recuperáramos a imaxe de non fai máis de cinco anos atopariamos un país bulicioso, case arrogante. Vivíanse momentos de frenesí e clímax. O “apalancamento” financeiro convertérase na relixión con máis adeptos. Os economistas falaban tan frecuentemente de opas coma de saques de banda nun partido de fútbol. Nun lustro a construcción ergueu o que, con sentido común, se faría en varias décadas. Pero non só lle pasou á construcción, á automoción, o consumo en xeral atopábase literalmente fervendo. Nos medios pululaban desafiantes homes de negocios que ostentaban máis glamour e divismo que o mesmo Ronaldo, competindo en mansións e metros de iate. A economía patria pronto se lles quedou chica e se lanzaron á conquista de París, Berlín ou o que fora, a forza de endebedamento e deixar perplexa a media Europa. O problema da arrogancia, do éxito fácil, das mecánicas especulativas, ao marxe de ter os días contados, é que se alimenta de fume e de complicidade necesaria, e se nutre de inocentes para estender así o contaxio.
De repetir a imaxe, decatariámonos de que moitos daqueles homes de negocios xa non están na palestra, e se o están, xa non sorrín. Algúns, como moitos españois, emigraron, lóxico e desexable nunha economía globalizada, outros malvenderon as súas empresas, ou literalmente se arruinaron, porque a diferencia da banca, os riscos e os erros foron exclusivamente seus. Ningunha administración, político, economista, ou axencia de rating tivo a tentación de profetizar o desenlace, e menos tomar certas precaucións, porque a situación era tan perfecta como excitante: o país de “Juan sin Miedo” era o casino feliz. O inxusto é que a ti, coma á inmensa maioría, que non pediches fogos de artificio, agora che estralen na man.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...