16 nov 2011

Todos en bolas




A verdade é que somos ben simples. Resulta que a Unión Europea,vaia eufemismo!, vén de autorizar o uso do polémico escáner corporal, vamos que xa non lle porá reparos a que, en pro da seguridade, cada cidadán se mostre “en bolas” ante os ollos dun funcionario, iso si coa salvidade de que o material non se poderá almacenar, nin copiar, ou imprimir. Quen o supervise, tampouco cotexará o reproducido coa cara das persoas. Faltaría máis! A verdade é que vivimos nunha sociedade trastornada, bipolar, eu non me imaxino a ningún profesional, que tamén os haberá, exercendo o seu traballo con ansias libidinosas. E dende logo, ante a disxuntiva de voar con seguridade –aínda que che limite a intimidade- ou facelo coa dúbida, creo que non hai nada que falar. Escandalizámonos por un corpo espido cando, salvo honrosas excepcións, somos todos ben mediocres. E ademais de dedicarmos a pescudar, o verdadeiramente interesante das persoas non está no exterior, senón no interior, no seu pensamento, e aí si que tería morbo o uso dun escáner sensible. Que fantásticas perlas xurdiron cando algún político confesouse de verdade ante un micrófono aparentemente pechado, que é realmente cando din o que pensan. O máis recente no tempo foi Sarkozy, que se espido non vale nada, cando se lle vai a lingua. “non o soporto, é un mentireiro”, comentou ante Obama no derradeiro cumio do G-20 referíndose a Netanyahu . “Ti estarás farto, pero eu o teño que soportar tódolos días”, lle respondeu o americano. Frases curtas, ás veces palabras soltas, expresións vulgares pero que deixan ben espido ao personaxe. Dende o “manda huevos”, de Trillo; ao “vaya coñazo que he soltado” de Aznar tras un discurso seu; ou o “coñazo” de Rajoy nun desfile; incuso as perlas de linguaxe irreproducible nestas liñas de Esperanza Aguirre, non por pudor, senón por estética. Que interesante sería nestes días coñecer as intencións, as de verdade, dos candidatos enfrascados na campaña electoral, ou por extensión as de Ángela Merkel, quen nos fai de guía espiritual neste devenir polo purgatorio no que estamos metidos, que como todos sabedes é antesala do inferno.

Artigo publicado no xornal La Región o 17/11/2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...