23 nov 2011

Mariano, dáme un bico


                                            

Hai bicos que son navallas, como o que recibiu Erich Honecker de Gorbachov nos beizos aquel outubro do 1989, frío e protocolario, con desidia, cando o que necesitaba o vello líder comunista alemán eran “mimos”. Un mes despois caeu o muro de Berlín.Que lonxe daquel outro pasional e libidinoso regalado por Brezhnev, tamén ruso, pero que nada que ver! Conmemorábase daquela o trinta aniversario da extinta RDA, nese si que houbo paixón, tanta que escandalizou aos outros líderes europeos.
Bicar é saudable, estimula o cerebro. O beneficio é mutuo, tanto para o que dá, como para o que recibe, incluso para os miróns, que disfrutan de balde no goce alleo. Hai bicos apaixonados, paternais, obscenos, de loucura, eclesiásticos, inclusive de pésame. Tamén liberadores, os que se relatan nos contos infantís, lembrade que Brancaneves ou a Bela durminte espertaron despois de ser bicadas por un príncipe. Hainos de traizón, o famoso de Xudas; ou de película, como en “Casablanca”. Bicos que non esquecerás, ou eso din, o da primeira vez. “No comment”. Bicos de solidariedade, nos antigos réximes comunistas os mandatarios bicábanse na boca; os césares romanos tamén, como mostra de recoñecemento. Hainos de foto, como o parisino bico de Robert Doisneau , ou o non menos famoso de Alfred Eisenstaedt, o da enfermeira bicada polo marine en Time Square trala rendición de Xapón na segunda Guerra Mundial. Cada bico ten un sabor diferente e cada cultura unha maneira de facelo, en protocolo sábeno ben.
Tralo tsunami electoral do pasado domingo Mariano Rajoy quixo regalarmos unha imaxe, tamén un bico, non custan cartos. Pero seguro que non evitou que polo seu maxín circulase outra imaxe, mesmo balcón, ano 2008, e el dicindo “terra trágame”.

    Publicado no Xornal La Región 24/11/2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...