24 nov 2011

O lamento do candidato



                          Hai mensaxes que non chegan ou cando o fan é demasiado tarde, que vén a ser o mesmo. Camiño do ascensor detéñome un instante a baleirar a caixa de correo, decátome dunha publicidade tirada no chan. Xa sei que é  moi habitual, que non normal,  ciscar a publicidade en vez de buscarlle outro destino. O folleto é pequeno pero me resulta familiar. Dende o chan a altura do zócalo este diríxese a min cunha voz entrecortada, como de lamento, pedindo comprensión e axuda, que ten algo moi importante que dicir, que tan só demanda un minuto de atención e que non me vai roubar máis tempo. Dígolle que si, que acepto, que me conte a súa mensaxe pero que sexa breve.
                         Dime que é un candidato as eleccións xerais do 20-N, que este país está en perigo, que se as pensións, a educación, a sanidade vai ser víctima se el non gana de recortes severos. Que el sabe cómo sacar adiante o país, xerar emprego, e confianza, que o crea de verdade que o di con toda sinceridade, que os riscos son moi evidentes. Dime todo iso case chorando. Eu lle pregunto que se sabe qué día é, que a estas alturas este país xa ten novo presidente. Bótase a chorar, o folleto electoral coa imaxe do candidato sobreimpresionada sobre outra do AVE encheuse de bágoas. A situación incomódame, recólloo do chan e marcho con el para a casa. A verdade é que aparentaba sinceridade.   

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...