19 oct 2011

Co coco no lume


                                             


      Crear unha boa imaxe é difícil; mandala ao carallo non. Hai días que neste país  todo é confusión e lamento, o ceo se muda no inferno e a mediocridade política se fai o harakiri. Nestes anos no rural non se fixeron todas as cousas mal, existe unha ampla rede de casas de turismo, erguéronse cooperativas agrarias que dignificaron o campo, mozos que da agricultura ecolóxica fixeron un modelo de vida, explotacións gandeiras que recuperaron a ilusión. O sector vitivinícola elabora “xoias” e magnifican de paso a paisaxe. Concellos que souberon ver e actuar e hoxe están en boca de todos. Ourense é un espazo amable con moita historia artística e riqueza ao seu redor, un territorio que debe converter o termalismo en  industria e sinal de identidade.
      Nin as aldeas, nin os pobos son unha ruína, non,  quizais, espazos ermos agardando por líderes que saiban ler o futuro e de cidadáns orgullosos do seu. A natureza humana deixase levar, fai seguídesmos do que ve. A administración debe afastarse da mediocridade e da grandilocuencia ( lease liquidar ou traspasar a Cidade da Cultura) e ser máis tenaz en visibilizar a aqueles emprendedores que están arriscando no rural, debe implicarse, auspiciar proxectos e facer de guía.
      A inacción, a carencia de imaxinación e traballo continuado levounos a erros que estamos a pagar moi caros. Onde están aqueles políticos cegos que onte deostaron o banco de terras ou agora non lle dan o pulo necesario? De vender a imaxe de natureza a través dos Parques Naturais e a extensa Rede Natura como acicates de atracción turística, deixámonos levar polo apocalipse. De ofertar a singularidade da nosa paisaxe, a rica arquitectura popular, espléndida gastronomía, apostamos por queimar o noso futuro ao bonzo. Estes días non estamos a revivir  nada novo, ao marxe de ser víctimas dunha chantaxe insoportable, transitamos novamente sobre erros de ler mal o presente e peor o futuro. Sen esquecer  que Ourense so é nova nacional cando arde, en corpo e alma.

     * Publicado no xornal La Región 20/10/2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...