20 oct 2011

Ouro amarelo



Dende fai un tempo teño sinto unha sensación estraña, case desesperada, que se non fora porque é real mandaríaa ao carallo. Non son moi de tendas mais gusto de ollar para aqueles escaparates que seducen, que iluminan a mirada. Os bos comercios regálannos envoltorios cheos de fantasía cuxas obras son vasos comunicantes da propia arte. Incluso os pequenos comercios que non poden chegar a ambiciosos montaxes, sempre teñen un discreto toque de inocencia que non deixa de ter gracia.
   Esta mañá ao pasar pola panadería de sempre que pechou fai pouco atopei ese cartel insolente que vexo repetido en todas as esquinas: “Compro oro”. A panadería aínda conserva o antigo pero na porta de entrada xa estaba colocado o outro nun rechamante amarelo. Pero tanto ouro hai para vender, ou é que estamos a recuperar o dos romanos?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...