20 oct 2011

A emprender toca...


                                       

  Hoxe, Día do emprendedor, dentro dunhas xornadas promovidas pola Xunta, tiven a sorte de escoitar a un mozo asturiano, Alfonso Gutiérrez, que nunha conferencia dirixida a mozos estudiantes iniciou con un solemne: Esperta! A súa linguaxe, chea de tópicos sobre a denostada crise semellaba máis un manual de autoaxuda, pero eso é o que necesitamos: axuda. “Estámonos amargando a vida”, así, en primeira persoa do plural, porque todos somos parte dun medo contaxioso que fai mella no estado de ánimo colectivo. Os medios, e o efecto repetitivo que se exerce sobre os temas, realimentan esta sensación, e nalgúns casos determinadas informacións o que fan é encadear moitas outras que a súa vez inciden en agudizar os problemas. Ao final, como sinalaba Alfonso o problema está en  que “saímos deprimidos da casa”.
     A conferencia foi a dúas mans co humorista Rober Bodegas que retivo ao respectable a base de chistes, que se non a axudan a emprender, alomenos liberan o estrés. Ao remate da intervención saltou a palestra o conselleiro de Economía Javier Guerra para anunciar as axudas e animar aos mozos neso do autoemprego. Ese foi o instante no que a mocidade decidiu emprender...a fuxida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...