22 oct 2011

Ninguén falou de xustiza


Libia está tan cerca de nós que hoxe debémonos tapar á vez o nariz e os ollos. Toda historia aínda que sexa triste garda unha mensaxe, e a que se traslada do acontecido nese histórico escenario remítenos aos tempos das cavernas. Axustizar a un ser humano, aínda que fora o demo, aínda que fora no medio dun conflicto, convértenos no mesmo que del rexeitábamos. O agravante nesta ocasión e que todo isto estaba avalado pola OTAN, lease todos nós, e foi ela quen sinalou á víctima e a dirección da fuxida. A argumentación de que  descoñecían que entre o convoi que estaban a disparar se atopaba o tirano é surrealista. Todo o que está sucedendo en Libia cheira moi mal, da crueldade vomitada nestes meses que durou a refrega non pode saír un goberno democrático, cuestión que tampouco nos vai a quitar o sono. A trivialidade dos medios coa sangue do tirano, a difusión na rede o axustizamento estanos a trasladar unha mensaxe lapidaria e insoportábel, a humanidade estase a mudar nunha animalada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...