24 oct 2011

Os montes que non apaga a choiva




Pensar que as choivas desta noite remataron coa bágoa de lumes da que fomos víctimas é tan estúpido como crer que a caste política, torpe e ruín, mude en algo serio. Se eu fose político  no iría detrás dunha pancarta, actuaría e non faría demagoxia; a oposición desnortada cometeu os mesmos erros que lle criticaron outrora a Alberto Núñez Feijóo cando botou man desa ridícula mangueira rodeado de xornalistas, que non é o mesmo que facelo a desesperada como lle aconteceu estes días a moitos galegos que viron en perigar as súas pertenzas. O monte é máis serio que a ingratitude que estamos a demostrar con el, necesítanse políticas axeitadas – entre elas facer cumprir as leis vixentes- que o afasten dos que lle están a facer tanto mal. Hai temas de país, o lume ten que ser un deles, sobre o que os políticos deben facer piña e non rapina. A industria do lume é unha maquinaria perversa disposta a monopolizar o monte no seu beneficio. Non fai nin un mes que Samuel Juárez, o conselleiro de Medio Rural, saíu a palestra orgulloso das cifras diste ano, non era consciente do que se lle viña enriba; antes lle pasou a outros. Detrás do lume hai xente interesada en acender a chama e que salten as alarmas, tan só hai que agardar polo momento fatídico. Nesta ocasión, como era previsible, se daba a campaña por rematada cando se cruzou o maligno. Un outubro como se fose agosto, as brigadas desmontadas, finalizacións de contratos, a seca persistente, o Presidente en Arxentina de campaña, o Superdelegado no Bernabeu... Unha desfeita
Os propios medios son víctimas da perversidade dalgúns. Equilibrar información do lume é complexa, a sobreinformación é algo que transcende, o acicate perfecto que alimenta nalgúns o afán de atentar contra o monte, e non todos persoas illadas ou tolos. O debate nos medios está entre o interese da Administración por non alarmar e minimizar os feitos, algo razoable en moitos casos,  e o  doutras “fontes” dispostas ao contrario. O monte así non se apaga, aínda que chova.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...