12 oct 2011

“Hablemos de Sexo”


      Fai máis de vinte anos que unha ourensá, Elena Ochoa, saltou á palestra por explicarlles aos españois en que consistía aquelo do sexo. Fíxoo con corrección si, pero sen pelos na lingua, cun aire entre académico e lúdico. Que se trataran aquelas cuestións na televisión pública en horario de máxima audiencia era algo que excitaba o maxín calenturiento dos españois, aos que o feito de que unha señora lles dera leccións de prácticas amatorias, lles explicara en que consistía eso da sexualidade plena, ou que falara sen pudor de certas cuestión silenciadas ou outras en aparencia tan só de mentes desordenadas, foi algo que pouco menos –esaxero- enlouqueceu ao país. O programa foi un éxito maiúsculo, e a devandita sexóloga, que non era tal, pero eso déixoo para o final, fíxose unha icona da televisión. A Elena Ochoa seguíronlle outras e outros, como Lorena Berdún, con outro tino e moita máis simpatía, pero como aos segundos pratos se lles esixe moito máis, esta tivo que xogar con elementos tan propios da amatoria como da picardía, as fantasías sexuais e incluso a exemplarización en directo do que ela trataba de explicar con palabras, e non porque fora necesario.
     Elena Ochoa non era sexóloga senón psicóloga,  para o programa ideado por Chicho Serrador o sexo foi unha escusa, en realidade a encomenda que tiña era informar sobre as prácticas de risco que evitaran a lacra exterminadora do VIH; vinte anos despois, este país e os españois, nacionalistas incluídos, necesitan outra vez a axuda, non sei si sexual, pero si psicolóxica. Para minimizar o efecto demoledor ao que nos teñen sometidos, penso que despois do 20-N non pasaría por ocorrencia chamar de novo a Elena Ochoa psicóloga, especializada en enfermidades mentais, e nos recuperara un pouco. Se o considera pertinente, tamén pode falar de sexo.

   Publicado no xornal La Región o 13/10/2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...