9 sept 2011

Morreu o pintor ourensán Virxilio ós 86 anos de idade

Morreu o pintor ourensán Virxilio ós 86 anos de idade

JOSÉ PAZ. LA REGION. OURENSE - 09-09-2011
O pintor da melancolía, das paisaxes sentidas, Virxilio Fernández Cañedo, Virxilio, Ourense (1925), morreu onte tras unha longa enfermidasde. Foise en silencio. Facía anos que a enfermidade privounos del, do disfrute de cafés largos, de fermosas conversas e viaxes imaxinarias, de compartir a paixón polo oficio.
Virxilio, impartindo unha clase. (Foto: JOSÉ PAZ)

Virxilio foi un pintor sincero, un gran mestre do debuxo, un home que vivía para o que máis lle gustaba que era a pintura e para que todos nós gozáramos do seu traballo. Tiven oportunidade de compartir fermosos e intensos momentos con el; instantes inolvidables xurdidos a raíz da mostra que fixo no Centro Cultural da Deputación de Ourense coa que se mostrou tremendamente entusiasta, parecía un mozo, unha ledicia velo tan vital, con tantos folgos. Despois viñeron outras mostras e o merecido premio de Celanova, Casa dos Poetas. O seu interior non quería parar, el era así, incluso case o final seguía en disposición de pintar.

Virxilio foi un home cosmopolita, que experimentou o oficio en Francia e en Alemaña, expuxo en varias ocasións no país teutón e foi aí onde tivo galería comercial moito tempo. A súa pintura era sentida, de corte clásico e doce, moi sensual. Soubo recoller o mellor da arte galega, de pintores como Colmeiro, e outros, pero tamén das correntes europeas da época, incluso tivo unha etapa adicada ao informalismo, cando en Galicia se descoñecía tal corrente.

Vaise un dos grandes ao que a historia lle ten reservado un espazo con maiúsculas. El vaise, pero quéda o legado, un traballo amplo, inspirado no que a el lle gustaba: a paisaxe, o mar, o jazz, as mulleres fermosas.

8 sept 2011

Palabras, palabras, palabras


               Son líderes e están sobreexpostos. No medio dunha realidade global histriónica, o feito de lanzar unha palabra no maremagnum mediático pode ter consecuencias imprevisíbeis. Aconteceulle a , presidenta do FMI, cando o fin de semana pasado alertou de que a economía mundial estaba ao borde da recesión; o seu ánimo preventivo, nun entorno de loucura económica, foi demoledor, alomenos nos mercados, interesadamente volátiles ante a ineficacia política mundial. O pasado luns a “víctima” foi o líder sindical Ignacio Fernández Toxo, quen desvelou que Zapatero lle confesara o 17 de agosto que o país, España, “estivo ao borde do abismo e do rescate”, situación rapidamente emendada dende Moncloa e sobre a que, visto a que se lle veu enriba, o líder sindical desdíxose argumentando que o que fixo foi un resumo errado sobre a situación e que as verbas empregadas non foron axeitadas.
        É que hai realidades que costa traducir en palabras, Durán i Lleida a principios de agosto, e tralos primeiros vaivéns da prima de risco, despois dunha reunión co Presidente do Goberno, declarou que o que lle acontecía ao país era un “problema moi gordo”. Que entende por problema moi gordo? Coa solvencia en xogo, pode que as diferencias entre ámbalas dúas declaracións non sexan demasiadas, salvo que o sindicalista está acostumado a unha linguaxe belicosa e sen fisuras, e Durán i Lleida trata sempre de repercutir no seu favor parte do enigma.
        Foi precisamente Zapatero, sabedor da importancia das palabras, o mesmo que se negou a pronunciar aquela tediosa expresión que define a enlodada situación na que nos movemos, quen dixo esoutro día que España está “lonxe dun rescate e que se vai a financiar por si mesmo”. Unha descrición da realidade ou un desexo? Palabras.
      Publicado no diario La Región o 8/09/2011

5 sept 2011

Historias no ar


Todo eran rumores, en realidade ninguén tiña información dos feitos.  

3 sept 2011

Historias no ar


Non se lle espera...

Seducido pola imaxe




     Un reto ben difícil, a maior parte das veces o resultado ofende, non pasa de pastiche. A orixinal de Botticelli é inmensa, case tres metros, esta case íntima 61x41cm; a primeira como é obvio unha pintura, esta unha fotografía...; a do mestre italiano, un cumio en toda regra, a de Gonzalo Pérez, a dun artista en cernes.
     Fai tempo que non me sentía atrapado deste xeito por unha imaxe, menos por un remake, unha imaxe que evoca a moitísimos autores ao marxe do italiano, Jeff Wall, Larry Sultan, Tracey Moffat, Gregory Crewdson...todos eles participes da fotografía escenificada.
     A imaxe está seleccionada no X Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense, un dos proxectos máis coherentes da institución ourensá.

2 sept 2011

Cen días en Ourense







      A cortesía na política dura cen días, ás veces nin eso. Na sesión plenaria celebrada esta mañá cumpríanse estes, e notouse. O salón de sesións, solemne e rancio coma sempre, con esa querencia que lles pega a uns actores aburridos a rabiar, tampouco se trata de agradar a ninguén; tan só se lles pide que sexan resolutivos, que saiban xestionar e que a cidade prospere. Pois eso, no medio dun exercicio rudo, fachendoso e cínico transcorren sesións como a desta mañá. Hai concelleiros moi técnicos que presumen diso, sabedores de que é  a maneira de superar ao adversario; tamén didácticos, emulando estar con alumnos no medio da clase; resabidos e con ánimo de lucirse nas mocións presentadas; vitimistas, unha estratexia de defensa válida como calquera outra.
      Todo vale, aínda que un non comparta as formas,  neste exercicio necesario da política. O que nunca tiven moi claro é o desapego dalgúns co idioma, incluso co propio topónimo da Cidade, Ourense. Ate en cinco ocasións emerxeu Orense, a modo de sicofonía , imaxino que froito duns nervios de novato.

1 sept 2011

Os ricos, a patria, e o peto


                      

     A min a solidariedade dos inmensamente ricos evócame o conto da galiña dos ovos de ouro. Difícil de crer que os que coñecen todas as argucias legais, os culturalmente mais ilustrados nesa materia sibilina denominada economía, os que non fai falla que alcen a voz para que a  política lexisle “axeitadamente”, quen sexan os que demanden máis corresponsabilidade.
     Primeiro foi Warren Buffet, icona dos negocios  cuxa imaxe se asocia a da insigne Coca-Cola, quen lle pediu a Obama que deixara de mimar aos súper ricos. Despois foron os demais, as grandes fortunas  francesas, as alemanas... Onde está o truco?
      Non pagan poucos impostos como din, e se o fan é porque recorren ás lagoas da lexislación, ás doazóns, aos paraísos fiscais, a múltiples triquiñuelas. Se queren pagar máis non teñen por qué pedilo, que o fagan e punto. Os ricos pagan moitos impostos (salvo en España onde as Sicavs cotizan de maneira ridícula ao 1% , o Goberno desconfía da súa fuxida en caso de aumentar a presión )  pero tamén son os máis beneficiados.
   Non desexan pagar máis pero non lles importa pedilo publicamente Por qué? Por imaxe, fantástica campaña  para as multinacionais representadas neles, e porque é máis intelixente que a crúa realidade apunte cara outro lado, e non cara eles. Ademais, deso saben ben os economistas, a súa aportación ao déficit das minguadas economías onde tributan é ridícula en comparación coas clases medias, a masa crítica de verdade, piares das economías, os que consumen e fan que o barco navegue e non escore nin afunda. Os grandes potentados dispostos a salvar un mundo, versión moderna da galiña do conto. Mentres, neste país, as nosas fortunas patrias, os mesmos que arrinconaron ao Presidente, non din nin mu. Insolidariedade? Non, falta de perspectiva.  
    Publicado no diario La Región o 1/09/2011  

31 ago 2011

Historias de Café. O de Rubalcaba



     Imaxino que a sesión de onte no Congreso na que se debatía a reforma constitucional  foi para Alfredo Pérez Rubalcaba algo máis que un trámite estraño; un trago ben amargo. Mediada a sesión e acompañado da resaca negociadora do día anterior lle espeta a José Luis Rodríguez Zapatero, “me voy a tomar un café, que me duermo”. O máis probábel é que fora sen Azucre

30 ago 2011

Historias de café


    
               Se tes tanta presa, por que non vas pagando?

29 ago 2011

Estambul, un destino estupendo, até o 11 de setembro no Museo do Pobo Galego





    Ter nación, ter orixe, ser nacido: medrar nunha particular banda sensitiva para ser, ser, ser// Xénese un mundo, para sentir, sentido.  Anacos dun abecedario, de Chus Pato.
Humboldt
 A paisaxe é unha paixón sensorial que se ve e se escoita apaixonadamente. A composición romántica do mundo entraña a experiencia estética con mediación do coñecemento. Somos o que pensamos.

        Pode que todo este traballo non deixe de ser una simple declaración de intencións, un exercicio de resistencia creativa, unha exploración da identidade persoal a través da paisaxe.  O que si teño claro é que a paisaxe é froito do coñecemento,  unha construción socio-cultural, incluso mental; o concepto de natureza é outra cousa. Dez anos de ensoñacións, de loita individual por atopar unha realidade a base de transitar, de recoñecer, de establecer unha forma de coñecemento e de recoñecemento do territorio. Ás veces sen ter claro o sino, pero deixando que a verdade emerxa, que esta sexa quen te descubra e te atrape a través dos estados de ánimo, tan importantes  á hora da exploración do territorio.
      É unha obviedade que a globalización non nos fixo máis libres, pode que nos conectara directamente ao mundo das mercadorías e o das redes , tan luminoso e “democrático” el, pero a costa de perder certas cousas para min pertinentes, a identidade, a cultura, o idioma. Todo é agora un maremagnum de ideas apresuradas e febles, un rebumbio no que todo é semellante, instantáneo, aparentemente reflexivo e dixital. No medio deste caos as ideas e a cultura de balde achégasenos febril e indixesta, no medio da voráxine de mercados, mercadorías e números corremos o risco de esquecernos do traballo e do legado que  nos dá sentido como homes, Pobo, País ou como queirades chamalo. Na era do dixital adquiren novamente interese eses mundos analóxicos e físicos que algúns  queren denostar. E non é nostalxia, nin unha aposta polos localismos,  é a necesidade de enfrontarse á  fisicidade dos elementos, de sentir as atmosferas, o inmaterial dunha cultura que ven de lonxe.
    Nesta viaxe autobiográfica e creativa sinto a emoción dalgunhas das pezas  antigas como as de “Pais Celta” de principios do ano 2000, primeiro exercicio de introspección no territorio a través da man do home,  da súa  pegada , dese índice lumínico sobre a paisaxe nocturna. A relectura unha década  despois  obrígame a repensar o que nesas imaxes está recollido e que casualmente penso que atopan gran conexión e sentido con pezas recentes como a da Coieira,  a nivel creativo e persoal  chea de achádegos.  Como unhas  imaxes, ao marxe de representar unha acción determinada pódense complementar con outros elementos e visións incluso facer do espazo da intervención a verdadeira peza artística, xogando co absurdo en si mesmo xa que este despois da súa inauguración, despois de ese simbólico valeirado voltou a pecharse en si mesmo facendo que a natureza se apropiara novamente de el.
    “Non quero falar de Estambul”, ao marxe de facer un percorrido por algunha das pezas, por distintas series que me axudaron a darlle forma a un proxecto  e entender un  mundo que me foi legado e ao que admiro e quero,  e ao que trato de aportarlle outras visións e coñecementos, explora agora  novas liñas polas que penso que está a camiñar o meu traballo. Sirva de exemplo a instalación “Non quero falar de Estambul”, homónima ao título da mostra,   coa que está en min abrir novas vías de exploración sensoriais e a complementar a mirada en moitas direccións. Nesta exposición para o Museo do pobo Galego quixen tamén que as pezas da súa colección tiveran presenza establecendo  un diálogo, incorporándoas á mostra, un diálogo breve porque non se trata de construír un bazar

27 ago 2011

Unha de xudeus

      As festas de raíz histórica perverten a propia historia dos pobos, pero a quen lle importa se non hai mala fe. Nesta  Festa da Istoria de Ribadavia, escríbese así, sen h, porque si -seguro que alguén que con moita vontade historicista atopou as razóns pertinentes- honrouse hoxe ao pobo xudeu, romano, viquingo ou ao que estivera máis a man.















Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...