1 sept 2011

Os ricos, a patria, e o peto


                      

     A min a solidariedade dos inmensamente ricos evócame o conto da galiña dos ovos de ouro. Difícil de crer que os que coñecen todas as argucias legais, os culturalmente mais ilustrados nesa materia sibilina denominada economía, os que non fai falla que alcen a voz para que a  política lexisle “axeitadamente”, quen sexan os que demanden máis corresponsabilidade.
     Primeiro foi Warren Buffet, icona dos negocios  cuxa imaxe se asocia a da insigne Coca-Cola, quen lle pediu a Obama que deixara de mimar aos súper ricos. Despois foron os demais, as grandes fortunas  francesas, as alemanas... Onde está o truco?
      Non pagan poucos impostos como din, e se o fan é porque recorren ás lagoas da lexislación, ás doazóns, aos paraísos fiscais, a múltiples triquiñuelas. Se queren pagar máis non teñen por qué pedilo, que o fagan e punto. Os ricos pagan moitos impostos (salvo en España onde as Sicavs cotizan de maneira ridícula ao 1% , o Goberno desconfía da súa fuxida en caso de aumentar a presión )  pero tamén son os máis beneficiados.
   Non desexan pagar máis pero non lles importa pedilo publicamente Por qué? Por imaxe, fantástica campaña  para as multinacionais representadas neles, e porque é máis intelixente que a crúa realidade apunte cara outro lado, e non cara eles. Ademais, deso saben ben os economistas, a súa aportación ao déficit das minguadas economías onde tributan é ridícula en comparación coas clases medias, a masa crítica de verdade, piares das economías, os que consumen e fan que o barco navegue e non escore nin afunda. Os grandes potentados dispostos a salvar un mundo, versión moderna da galiña do conto. Mentres, neste país, as nosas fortunas patrias, os mesmos que arrinconaron ao Presidente, non din nin mu. Insolidariedade? Non, falta de perspectiva.  
    Publicado no diario La Región o 1/09/2011  

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...