Ter nación, ter orixe, ser nacido: medrar nunha particular banda sensitiva para ser, ser, ser// Xénese un mundo, para sentir, sentido. Anacos dun abecedario, de Chus Pato.
Humboldt
A paisaxe é unha paixón sensorial que se ve e se escoita apaixonadamente. A composición romántica do mundo entraña a experiencia estética con mediación do coñecemento. Somos o que pensamos.
Pode que todo este traballo non deixe de ser una simple declaración de intencións, un exercicio de resistencia creativa, unha exploración da identidade persoal a través da paisaxe. O que si teño claro é que a paisaxe é froito do coñecemento, unha construción socio-cultural, incluso mental; o concepto de natureza é outra cousa. Dez anos de ensoñacións, de loita individual por atopar unha realidade a base de transitar, de recoñecer, de establecer unha forma de coñecemento e de recoñecemento do territorio. Ás veces sen ter claro o sino, pero deixando que a verdade emerxa, que esta sexa quen te descubra e te atrape a través dos estados de ánimo, tan importantes á hora da exploración do territorio.
É unha obviedade que a globalización non nos fixo máis libres, pode que nos conectara directamente ao mundo das mercadorías e o das redes , tan luminoso e “democrático” el, pero a costa de perder certas cousas para min pertinentes, a identidade, a cultura, o idioma. Todo é agora un maremagnum de ideas apresuradas e febles, un rebumbio no que todo é semellante, instantáneo, aparentemente reflexivo e dixital. No medio deste caos as ideas e a cultura de balde achégasenos febril e indixesta, no medio da voráxine de mercados, mercadorías e números corremos o risco de esquecernos do traballo e do legado que nos dá sentido como homes, Pobo, País ou como queirades chamalo. Na era do dixital adquiren novamente interese eses mundos analóxicos e físicos que algúns queren denostar. E non é nostalxia, nin unha aposta polos localismos, é a necesidade de enfrontarse á fisicidade dos elementos, de sentir as atmosferas, o inmaterial dunha cultura que ven de lonxe.
Nesta viaxe autobiográfica e creativa sinto a emoción dalgunhas das pezas antigas como as de “Pais Celta” de principios do ano 2000, primeiro exercicio de introspección no territorio a través da man do home, da súa pegada , dese índice lumínico sobre a paisaxe nocturna. A relectura unha década despois obrígame a repensar o que nesas imaxes está recollido e que casualmente penso que atopan gran conexión e sentido con pezas recentes como a da Coieira, a nivel creativo e persoal chea de achádegos. Como unhas imaxes, ao marxe de representar unha acción determinada pódense complementar con outros elementos e visións incluso facer do espazo da intervención a verdadeira peza artística, xogando co absurdo en si mesmo xa que este despois da súa inauguración, despois de ese simbólico valeirado voltou a pecharse en si mesmo facendo que a natureza se apropiara novamente de el.
“Non quero falar de Estambul”, ao marxe de facer un percorrido por algunha das pezas, por distintas series que me axudaron a darlle forma a un proxecto e entender un mundo que me foi legado e ao que admiro e quero, e ao que trato de aportarlle outras visións e coñecementos, explora agora novas liñas polas que penso que está a camiñar o meu traballo. Sirva de exemplo a instalación “Non quero falar de Estambul”, homónima ao título da mostra, coa que está en min abrir novas vías de exploración sensoriais e a complementar a mirada en moitas direccións. Nesta exposición para o Museo do pobo Galego quixen tamén que as pezas da súa colección tiveran presenza establecendo un diálogo, incorporándoas á mostra, un diálogo breve porque non se trata de construír un bazar

No hay comentarios:
Publicar un comentario