8 sept 2011

Palabras, palabras, palabras


               Son líderes e están sobreexpostos. No medio dunha realidade global histriónica, o feito de lanzar unha palabra no maremagnum mediático pode ter consecuencias imprevisíbeis. Aconteceulle a , presidenta do FMI, cando o fin de semana pasado alertou de que a economía mundial estaba ao borde da recesión; o seu ánimo preventivo, nun entorno de loucura económica, foi demoledor, alomenos nos mercados, interesadamente volátiles ante a ineficacia política mundial. O pasado luns a “víctima” foi o líder sindical Ignacio Fernández Toxo, quen desvelou que Zapatero lle confesara o 17 de agosto que o país, España, “estivo ao borde do abismo e do rescate”, situación rapidamente emendada dende Moncloa e sobre a que, visto a que se lle veu enriba, o líder sindical desdíxose argumentando que o que fixo foi un resumo errado sobre a situación e que as verbas empregadas non foron axeitadas.
        É que hai realidades que costa traducir en palabras, Durán i Lleida a principios de agosto, e tralos primeiros vaivéns da prima de risco, despois dunha reunión co Presidente do Goberno, declarou que o que lle acontecía ao país era un “problema moi gordo”. Que entende por problema moi gordo? Coa solvencia en xogo, pode que as diferencias entre ámbalas dúas declaracións non sexan demasiadas, salvo que o sindicalista está acostumado a unha linguaxe belicosa e sen fisuras, e Durán i Lleida trata sempre de repercutir no seu favor parte do enigma.
        Foi precisamente Zapatero, sabedor da importancia das palabras, o mesmo que se negou a pronunciar aquela tediosa expresión que define a enlodada situación na que nos movemos, quen dixo esoutro día que España está “lonxe dun rescate e que se vai a financiar por si mesmo”. Unha descrición da realidade ou un desexo? Palabras.
      Publicado no diario La Región o 8/09/2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...