26 dic 2014

O diario dun montador #Bruno Nieto #Moda

De Moda

Bruno Nieto, Celanova, 27 años, realizador tv



José Paz





Na sesión sae serio, porque llo pido, de cando en vez se lle escapa un sorriso, unha risa morta desas que che saen cando ves que o papel que che están pedindo non che encaixa, eu xa vin moitas risas desas; con tempo e certa paciencia todo camiña de maneira máis natural.
Bruno Nieto é un mozo detras dunha cámara, desde neno xa filmaba aos seus veciños e iso é porque leva a chama audiovisual prendida no corpo, aínda que a súa especialización, o camiño que se lle fai máis doado é o da montaxe, un traballo que ao común dos mortais se nos escapa, “a montaxe consiste en unir clips que se gravan, e darlle un sentido audiovisual; pasar unha historia que calquera coñece á linguaxe audiovisual”.
Bruno tamén é especialista en grafismos, "animacións en 3D ou non, que é a fusión de varios elementos gráficos”; en realidade, iste mozo no audiovisual, non hai tarefa que non lle vaia, bueno si, así o recoñece, o guión, “É que os guións me parecen moi complicados”, conta. Bruno ten bagaxe profesional televisivo aínda que agora na canle Discovery se lle presenta unha nova posibilidade que promete,
A sesión facémola na súa vila de Celanova, na procura da inspiración que envolve a súas rúas, aínda que o día o único agasallo que brinde sexa un frío de cortar.
Bruno apunta a sesión con optimismo -“son unha persoa moi extravertida, sempre cun sorriso nos beizos”, ollando cara o futuro como debe, con ganas de darlle leccións de vida, de momento tratamos de lle deixar as bases con suma elegancia, gracias a Bruno.

*Publicado en La Revista 26/12/2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...