11 jun 2014

Na procura das ninfas #Yolanda Castaño #Moda #La Revista

De Moda

Yolanda Castaño, Santiago, 37 anos, poetisa 

José Paz







A poesía sempre tan minoritaria coma necesaria, porque escribir poesía é unha necesidade.
Yolanda Castaño é un referente na creación poética galega -rexeita de pleno esta consideración-, e non só pola estricta labor literaria, senón tamén na divulgativa do propio medio. Yolanda ten claro que “a poesía ten que ser comunicación, non é cuestión de facer monólogos, nin falar contra as paredes ou para ti mesma”. A poesía coma calquera outro universo creativo ten que camiñar na procura do público, e nesas está dende fai tempo -vinte anos- a creadora coruñesa.
O encontro é grato, dúas horas de viaxe e unha larga tarde de actividades profesionais por diante non é impedimento para brindarse a un exercicio -en principio- menos poético. Está acostumada á disciplina, e non só para atopar ás musas, porque xa se sabe, “a inspiración cando ven ven, e senón, estás agardando coma unha cadeliña a súa porta”. Tamén co traballo para “estimular a sensibilidade, ese estado de alerta necesario que che permita cultivar a experiencia creativa”, algo que ela consigue a través dese inmenso labor de xestión paralela ao seu oficio. Un imaxina que a sesión de fotos tamén o é. 
As vellas paredes do Liceo contrastan coa beleza natural de Yolanda, co seu bó tino e disposición á hora de posar. Está acostumada a facelo, a traducir co seu corpo as mellores pinceladas poéticas, os mellores versos que den corpo a ese outro poema. Seguro que este lle chegará a máis público.

* Publicado en La Revista 11/06/2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...