15 dic 2013

Un personaxe con chispa#Aitor Rei#La Revista#Moda

De Moda
Aitor Rei, 33 anos, Ourense, actor.

José Paz





Dicíase dos afiadores que tiñan a mirada curtida e a personalidade afiada, non de afiar coitelos e navallas, senón de aturar toda a tropa que atopaban no seu oficio; foi a malicia, máis ca pericia dos seus dedos o que lles fixo saír cara adiante. Aitor Rei recolleu moito deles; parte aprendeuna nestes dous anos que explorou o mundo seguíndolles o fío a moitos deses homes que se perderon na distancia cunha roda a costas; o resto xa o tiña aprendido denantes.
  Vai de promoción –os actores sempre están nela- e se nota, o vello Seat Seiscentos da “Última Viaxe do Afiador” acompáñanos hoxe como se fose un máis na escena. Con Aitor non é posible unha sesión normal, de poses atrapadas e demais, non porque non se deixe, todo o contrario, todo nel é dispoñibilidade, mais, sen darmos conta, toda a súa personalidade emerxe a carón do instante; un non pode facer outra cousa que non sexa recoller esa forza bruta. E que a cultura hoxe é cuestión de enerxía.

*Publicado na Revista 15/12/2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...