Iconos
Foto: O xigante de Magarelos, 1935
Orixe: Raigame
Hai historias que morren de pé, a do Monchiño de Magarelos é unha delas. A historia dos xigantes enchen o imaxinario e entrecrúzanse coas lendas, mais a de Ramón Fernández (1916-1944) nado e morto en Magarelos, parroquia de San Trocado, Allariz, foi verídica cen por cen. Servidor releuna grazas a Delfín Caseiro e ao seu esforzo de falar fai quince anos coas partes, un séguelle o fío como outros pescudan nas olas.
Ao Monchiño paseárono polas feiras como pasean as feras ou aqueles seres estraños de posguerra cuxos ecos aínda reverberan ao lonxe, sempre anunciados como algo espectacular a ver baixo lona. Un lembra á muller barbuda, a muller serpe, araña e o que fixera falta pululando entre as outras atracción de festas. Ao Monchiño levárono polo país adiante despois de causar furor entre os seus na feira de Allariz, nas feiras da provincia, tamén na capital. Anunciábano como se facía con este tipo de seres “anómalos”, “Monchiño, o home máis grande do mundo”, pasando a relatar as outras cifras da curiosidade, o que almorza e bebe, e o que acontece co seu tempo diario. Non é difícil aventurar como sería a expectación nun mundo de posguerra no que a dezmada poboación non pasaba do metro setenta e cinco o feito de albiscar no horizonte a chegada dun mozo de camiñar torpe e bambeando, unha perna era máis grande ca outra, camiño da feira. “Aí ven o xigante” gritaban os nenos albiscando a novidade.
O filón da chamada do xigante vírono ben cedo aqueles que se adicaban ao negocio do espectáculo, feirantes das singularidades e do circo, mais os números, tal como relata Delfín Caseiro, explotárono en sociedade familiar, il e un primo, Ricardo Pérez, que desde 1939 ao 1944, xiraron acompañados doutros familiares provistos dunha carpa da que o singular portento da natureza no saía nin para ver o sol durante os seis meses que duraban as xeiras. De abril ao outubro, xeiras que percorrían o norte de “cabo a rabo” facendo importantes caixas, a variedade do entretemento da época era máis ben curto. A empresa familiar foi tentada cara ás xeiras americanas, incluso aos delirios puxilistas co xigante Monchiño, quen, coma todos os que teñen a enfermidade do xigantismo, morren mozos. Os seus restos están enterrados no cemiterio familiar de San Trocado, os outros restos, na memoria colectiva.
*Publicado na Revista 12/05/2013
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Envolturas de silencio
E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...
-
Iconos Foto : Diane Webber, 1956 Autor : Peter Gowland Foto : Diane Webber A Diane webber (Los Á...
-
Iconos Imagen: Jeff Koons y Cicciolina, "Ponies", 1991 Autor: Jeff Koons Jeff Koons y Cicciolina Jeff Koons J e...
No hay comentarios:
Publicar un comentario