19 may 2013

Alma y Oficio #Moda #Saamira Ganay


De Moda

Saamira Ganay, actriz.













Saamira Ganay leva nos seus xenes melodías árabes e serenidade galaica que a fan especial. A súa mirada loce chea de intriga, toda ela dá corpo a unha muller con tempero, sincera e doce. Gusta do teatro desde nena, aínda que a cámara e as series lle fixeron velo oficio doutro xeito, urxente e dinámico, “a tele é inmediatez, apenas ensaios e a resolver rapidísimo”, pero sen perder o eixe. Gusta do seu oficio –como non podía ser doutro xeito-, tan só lle pide aos tempos que a respecten; porque o outro, co traballo, ven só. O traballo é o que “me dá todo, o que me aporta o que en realidade necesito”. Leva o teatro na pel, o veleno que lle inoculou un día ,aínda adolescente, nas paredes do centenario Instituto Otero Pedraio a admirada Begoña Muñoz.
A sesión toca en Ourense, a súa terra, aínda que resida en A Coruña desde fai bastantes anos. Cústalle, non é doado meterse neste papel estraño, nunha tesitura distinta, pero chegamos rápido a un amplo punto de entendemento. Para quen non gasta preguiza no corpo os límites sempre quedan atrás; e ademais locen.

*Publicado en La Revista 17/05/2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...