Rubén Riós, 32 anos, actor
Rubén Riós vai de mozo cheo de habilidades e non só interpretativas. Gasta a bonhomía e o don de xentes propio deses listos de barrio ou de pobo –Riós- acostumados a buscarse a vida, nótase. Cóntame, como que traza un argumento épico na súa biografía que, desde moi neno, el que era mal estudante, descubriu un don especial á hora de memorizar os papeis a interpretar e así llo fixo saber a súa mestre e a todos os seus compañeiros; e así até o de agora, cine, televisión, teatro e o que faga falta, incluído o Festival das Artes Escénicas “Abelardo Gabriel” que vai pola sexta edición, e que o actor está a promover no seu pobo; nesta edición, coma sempre, virá cargado de sorpresas.
Na sesión descubro a personaxe, a versatilidade dun actor á hora de revivir eses seres que habitan no seu interior, seres que pululan coma o instrumental dun mago, e saen en bucle, e que servidor recibe como as acometidas dunha res brava, sen parar e unha detrás doutra. A Rubén a estas alturas da película, se lle permite todo, el é case un máis da familia.
*Publicado na Revista 17/03/2013
No hay comentarios:
Publicar un comentario