28 mar 2013

Un Galán antigo #Moda #Antonio Mourelos


De Moda

Antonio Mourelos, Lugo, 54 años, actor



Antonio Mourelo    José Paz









A realidade nos di que o sector audiovisual galego acadou unha relevancia difícil de imaxinar fai uns anos, entre ese elenco de actores, directores e técnicos Antonio Mourelos (Lugo, 1959) fíxose un espazo entre un amplo abano deles, primeiro coma actor de dobraxe, despois coma actor de cine e televisión. Hoxe é un clásico, un galán deses que acadou espazo dentro dos fogares mercé as series que lle brindaron un oco e que se aproveitaron tamén para facer una industria importante.
A parálise do audiovisual nun territorio que presumía de sector e de aposta decidida está a conseguir que os máis fortes resistan fóra. Series como a do “” está chea de actores e técnicos galegos. “Esoutro día durante a rodaxe dun dos capítulos comentaba: esta escena podémola realizar en galego, os tres actores que estabamos nela éramos galegos, e saltou o rexedor si podémola facer en galego, il tamén o era”. En fin, esa é a realidade, e alomenos aos que resistan terán máis visibilidade.
A sesión facémola en Teo nunha mañanciña de domingo no que atracamos a un Antonio que esta a estudar os guións da serie, “cústame moitísimo, é un diálogo arrevesado, de castelán antigo e hai que memorizalo todo e son moitas páxinas, mais levámolo ben”. Advertido de que o de posar en Antonio como que lle manca, facemos unha sesión práctica e rápida, resaltando neses trazos de home duro e enigmático que o seu semblante proxecta. O resultado, el mesmo, Antonio Mourelos, un actor xa imprescindible, e unha lenda para moitos.

*Publicado en La Revista 24/03/2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...