10 mar 2013

Que me pasa doutor? #Xosé Barato#Moda


De Moda

Xosé Barato (Guitiriz), 34 años, Actor

José Paz







 A Xosé Barato xa non lle queda ningún “segredo” por contar, nin o nome, que non é un alcume como eu pensaba, senón o nome do seu primeiro grupo de teatro, baratto, así á italiana, que non significa o mesmo que en castelán pero todo o mundo entende por onde van os tiros, premonición da antesala baixo custe que é a que toca. O do segredo, como é obvio, vai polo de “El secreto de Puente Viejo”, a serie de tanta sona que lle apuntalou nun intrigante e malévolo personaxe e que como a tantos actores lle deu que facer durante unha longa tempada, “antes esas series mercábanse fora, o feito de facelas aquí supón ocupar a trescentas ou catrocentas persoas, que non é pouco”.
 O actor coruñés, aínda que nado en Guitiriz, ademais de corresponder coa fama de comunicador e bo mozo é unha persoa encantadora coa que te sentes como se o coñeceses de toda a vida, e convertes unha sesión improvisada ao máximo nunha especie de performance de bo rolo, algunhas persoas é o que teñen.
A sesión improvísase ao milímetro na súa casa, nun Santiago de outonía e choiva de non escampar. Comecei a facerlle fotos mentres pensábamos o lugar onde facer a sesión, e sen perder un instante, ate que saíu o traballo que vemos. Non hai personaxe, nin máis ficción que a expresividade da súa faciana e uns ollos cheos de viveza.

*Publicado Na Revista 10/03/2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...