De Moda
Tito Asorey, actor, 35 años, Ourense
José Paz |
Tito Asorey asume a cita co posto, el e as súas circunstancias que non ten porque ser pouco. Cada vez que vexo a un destes actores do entorno de Sarabela non podo evitar imaxinar de fondo o semblante ledo de Ánxeles Cuña, a responsable -con toda seguridade- do seu existir na escena. El o recoñece agradecido, “para min Ánxeles Cuña é un referente absoluto, a persoa que me abriu as portas do teatro”. As cousas a este home de aparencia inqueda e reflexiva até o de agora lle van ben, acadou un oco, como axudante de dirección na Compañía Nacional de Arte Clásico, combina o labor coa dirección da compañía Il Maquinario creada o ano pasado, así coma outros proxectos paralelos.
Vive por e para escena, “ese universo de sonos a través dos universos persoais” e un o agradece, sempre é gratificante atopar a enerxía deses homes vocacionais impregnados de oficio. Síntese guiado polos novos creadores da escena arxentina, Claudio Tolcachir, Daniel Veronese e Gillermo Calderón; sempre é importante acadar bos espellos.
Acude a cita como dixen, co posto, interpreto porque nel a moda, a imaxe, aínda que seguro que tamén lle importa, non camiña preso del. Utilizamos de fondo un lugar importante, a facultade que lle aportou a dose de formación académica necesaria,a de Ciencias da Educación de Ourense, un edificio de mediados dos oitenta en ferro e cemento de gran interese arquitectónico. Aínda que preso da estrañeza, Tito implicase nas poses con curiosidade e un chisco de distancia, non é fácil, a curiosidade dos estudantes que rematan as clases, o tránsito curioso; o feito de que ti e a túa indumentaria vai a ser examinada non deixa de ser un exercicio non apto para tódolos públicos. Despois de transitar por tódolos recunchos posibles, rematamos no soto,a pé de rúa, satisfeitos; e adeus. As despedidas tamén forman parte da vida.
*Publicado en La Revista 30/03/2013
No hay comentarios:
Publicar un comentario