6 ene 2013

A Golpes co mago #moda


De Moda

Héctor Guerra, Mago Teto, 35anos, Viana do Bolo

José Paz







Servidor se arrima ao mago con precaución,por se acaso, si xa sei que todo isto é ilusionismo pero quen sabe, mais nestes tempos nos que toda formalidade sólida tórnase líquida. O Mago Teto (Héctor Guerra) leva nesto da maxia moitos anos, máis ou menos dende que a súa nai tivo a tentación de regalarlle un libro con “trucos”cando o rapaz tiña 15 anos, “hoxe levo lidos máis de 1.000 libros” sobre o tema, dos outros tamén. É que os libros tal como nos relata Cervantes no Quixote son farto perigosos. A maxia ten o seu aquel de contaxio, de febre por inocular a ilusión polo espectáculo no público, nunca mellor dito porque o seu, e o de tantos magos que peregrinan polo mundo non ten nada que ver coa Santa Compaña, aínda que ese sexa un dos títulos que da nome a un dos seus espectáculos en xira, e el nacera en Viana, no interior dunha provincia con moita maxia, ao marxe de encanto. Todos lembramos os espectáculos de Tamariz cando enchía de maxia e fermosura os espazos televisivos, evidentemente que é un dos seus ídolos, tamén René Lavand, Lance Burton e Pepe Carrol.
A sesión entre o lusco e o fusco enchémola de entusiasmo, e ela devólvenos a gratitude en forma de auga, a da choiva que non deixa de caernos enriba. O look dun mago arrastra moitos trucos, compañeiros de viaxe que enchen de misterio as nosas vidas como espectadores fieis que ao longo distes vinte anos nos deixou a súa pegada. Como todo nel é xogo, diversión, teatro e trucos de maxia, a sesión non podía ser doutro xeito.

*Publicado na Revista 6/01/2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...