De Moda
Noelia Solleiro, 27 años, Tui, cantante
José Paz |
Un imaxina a esta moza de Tui cantando da mañá á noite e non se equivoca, lévao no sangue, no oficio, desde nena instalada nun karaoke permanente no que foi variando as compañías, os escenarios, os platós televisivos; tamén as orquestras, que un xa perdeu o fío por cantas pasou e a cantos milleiros de galegos lles alegrou a vista por vela bailar, decantándose eles tamén por bailar até romper o chan, que é do que se trata. Noelia Solleiro ten un sono, unha nova aposta, esta vez en solitario, das orquestras xa falaremos cando toque, agora será ela coa súa guitarra e o seu corazón, pronto haberá novas.
Citámonos en Tui, cidade que cheira a fronteira e a fala mesturada polo tránsito constante arredor do Miño; cidade monumental e sacra, onde todo nela resulta pétreo e resoa solemne. O día non acompaña en ningún momento, de cando en vez toca, fai que mudemos de plans, rexeitar a posibilidade de xogar coa fermosura dun casco vello –tal como era a intención de Noelia- para refuxiarnos no íntimo, no interior dun fermoso local e algunha que outra toma cara o Miño desde o convento das Clarisas. Grazas a Noelia que segue o ritmo con cautela, mais con ganas de deixarse a pel, a sesión queda como debe.
*Publicado na Revista 16/12/2012
No hay comentarios:
Publicar un comentario