En columna
José Paz |
A Lluis Companys en Cataluña venérano todos, unha especie de tótem como Castelao sería en Galicia; ao presidente Mas, un nacionalista moderado e triste, herdeiro do legado de Pujol, que a piques estivo de perdelo á primeira de cambio, até o de agora admirábao a súa dona, e non tódolos días.
Rajoy coma estadista non ten prezo, non é cuestión de achacarlle todos os males á crise que debilita o Estado, e se aproveitan del como fixo a Kirchner. O que nun principio semellaba un calentón de barra de club de alterne á altura dun Torrente con senyera, a reacción á desesperada dun presidente farto de tanto achuche, está a mudar nun lío grande. Os cataláns sempre foron interesados, pero colaboradores. A teima anticatalana acusándoos de malos xestores e malgastadores estase revolvendo contra os seus instigadores. O que nun principio parecía outra escenificación máis ao redor dunhas demandas imposibles de outorgar, converteuse nun ataque insoportable á soberanía nacional, algo que implicará a reformulación do propio Estado. Tempo ao tempo. O argumento de que o Referendo non encaixa na Constitución a estas alturas é coma unha aspirina na inmensidade dunha gripe. Historicamente cos nacionalistas negociouse todo, sempre diñeiro mediante. A saída de testo nacionalista está a visibilizar outro horizonte non imaxinado nin polo seu promotor, Artur Mas. De entrada os prognósticos anuncian que gañará as eleccións, aglutinou para si uns cidadáns que dende os primeiros recortes se lle atrincheiraron na rúa; e mentres a xente pensa e fala dun referendo artificioso, non menta a crise. Alguén lembra de cando Italia era o problema e non España? A política necesita máis cintura.
*Publicado na Región 17/12/2012
No hay comentarios:
Publicar un comentario