De Moda
Sabela Arán, 24 anos, actriz
A pel dun actor cabalga sempre en territorio alleo, buscando acomodo en pel estraña coma se fose propia. A Sabela Arán vímola predicar o amor libre na aldea de Vilamor, o seu primeiro gran papel que está agora a rentabilizar, o que lle deu pulos para a procura doutras oportunidades. Comenta que o papel de verdade, o que lle gustaría interpretar sería o dun home, influenciada polo feito de vivir rodeada de homes no seu entorno. Gusta dos grandes, Al Pacino, Edwar Norton, pero tamén de Marisa Paredes, ou Meryl Streep. Na sesión de fotos é ela mesma, en tres versións verdadeiramente de gloria.
*Publicado en La Revista 23/09/2012
José Paz |
No hay comentarios:
Publicar un comentario