11 jul 2012

De números primos # Galego


José Paz

Vivimos rodeados de números. A riqueza, a miseria, a débeda, o déficit. Todo é unha cuestión numérica, elementos estatísticos dunha gráfica que, como tantas cousas, altéranse á vontade das partes . Detrás da dimisión do presidente de Barclays e de varios directivos da empresa pola manipulación dos tipos de interese, Libor en Inglaterra, están os números. Non é o único caso, hai outros bancos ingleses implicados; tamén existen sospeitas sobre o Deutsche Bank en Alemaña. Trala firmeza dos números atópanse tamén mans con intereses pouco claros. Agora o regulador británico promete actuar con dureza, imaxino que coa firmeza habitual dos británicos en temas económicos, até que se topen de bruces cos intereses da City.
 A ninguén lle estraña xa que dous terzos dos cidadáns británicos desconfíen dos seus bancos. En España a enquisa do CIS da semana pasada desvelounos á banca coma un problema que preocupa, o sexto; en primeiro lugar segue o paro, a situación económica e a política, a continuación a corrupción e o fraude. Son impresións dunha cidadanía apesadumbrada polas circunstancias e pola fraxilidade duns números lambóns manipulados durante anos a condición das partes, e polos que agora se lle piden responsabilidades. Os balances de tantas entidades esnaquizáronse contra chan coma no conto da leiteira porque carecían de solidez real. Despois de casos como o do Libor, a ninguén lle estrañaría tamén que tralos números grosos que sacuden a realidade dos países do sur non se atopen certas mans interesadas en que a realidade sexa así. Sería triste descubrir un día que trala inacción dos distintos reguladores se atoparan corruptelas coma as que están a descubrir en Alemaña e Inglaterra. Tampouco a ninguén lle asombraría demasiado.


*Publicado no Xornal La Región 10/07/2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...