7 jun 2012

Adeus Fiesta # Galego


José Paz

 Nesta realidade intanxible na que andamos poucas cousas son fiables, as certezas bailan coma se tiveran vida, máis se falamos de cifras. Este venres remata a singradura na factoría de Almussafes dun coche mítico, o Ford Fiesta, vehículo co que precisamente iniciou a andadura a factoría valenciana -ano 76- e da que saíron máis de cinco millóns de unidades, doce entre tódalas factorías Ford no mundo. Agora a súa fabricación continuará na fábrica de Colonia.
  A vida automobilística española está ligada a este tipo de coches económicos de baixa cilindrada coa que se iniciou o chamado desenrolo familiar, o Fiesta naceu para competir con outros xa presentes coma os Seat 127 ou o Renault 4. Que lonxe queda todo, ano 76, sucesos de Montejurra, dimisión de Arias Navarro, e Adolfo Suárez nomeado presidente. O nome de Fiesta, en alternativa a outros de semellante sonoridade, foi elixido polo mesmísimo Henry Ford II, tal vez adiviñando o percorrido que se lle auguraba ao vehículo ou ás alegrías político-festivas coas que anos máis tarde nos deleitarían a todos na Comunidade Valenciana aínda por nacer. O vehículo foi ideado para paliar a situación derivada trala crise enerxética do 73 na que se demandaban coches económicos e eficientes. Os primeiros custaban pouco máis de duascentas mil pesetas.
  Os anos 76-77 tamén foron anos de depresión económica e paro, a “festa do euro” quedaba  lonxe. O Ford Fiesta vaise agora cando máis o necesitabamos, agora que nas estatísticas de venta de vehículos parecémonos a Marrocos. De seguir así, a vindeira taxa a incorporar, o chamado peaxe brando cargar por transitar polas autoestradas, a máis de un lle vai lembrar aos tempos dos vellos Fiesta  e as esconchadas estradas secundarias.

*Publicado no xornal La Región 7/06/2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...