3 jun 2012

De paseo pola Cidade...


De Moda


    Camila Bossa, actriz


Fotos: José Paz








    


    O que máis me gusta dos actores é o seu fondo de armario, e non falo de prendas senón de capacidade para mudar a pel e que non se note, ou case. Un oficio marabilloso ese de namorar á cámara, o de aportar credibilidade aos personaxes aínda que estes estean nas antípodas dos teus intereses. A cita de hoxe é en Santiago con Camila Bossa, unha actriz que non coñecía persoalmente, pero da que tiña a seguridade de antemán de acadar un bo resultado. Hai algo nesta galego-colombiana que me gusta, a proximidade, a vitalidade que contaxia, e sobre todo a profesionalidade que demostra en condicións pouco propicias, coma a de practicar unha sesión de moda a pleno sol.
Busco para a sesión un espazo cuxa arquitectura axude, que matice e que acompañe. Penso que a Cidade da Cultura de Peter Eisenman é un lugar propicio para elo, de fondo a fantasía das liñas dunha arquitectura chea de maxia e filigrana. O arquitecto non é responsable da ousadía de quen busca a ruína por facer real tamaña maqueta, por tomala ao pé da letra e non deixala como tal, porque o seu reino, o de Eisenman, é o dos sonos. Agora xa comprendo a que responde aquilo de vivir por riba das posibilidades...
A sesión con Camila foi longa e dura, na procura da súa versatilidade. O resultado moi plástico, unha gozada padecer a maxia penetrante da súa mirada de ollos claros, felina e sedutora. Ao rematar advertimos a dous turistas escarranchados baixo o sol nun deses bancos de pedra dispostos como se fosen de balde por todo o recinto, en seguida pensamos no mesmo, tamaña irresponsabilidade.

* Publicado na Revista 3/06/2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...