De moda
Xoel Yáñez, 24 años, actor...
Fotos: José Paz |
Rescato a Xoel Yáñez, perdón Hermes, da caravana do amor que o levou a percorrer desde fai dous meses case que toda a xeografía galega, na maratoniana campaña promocional de “Vilamor”, última película de Ignacio Vilar, quen está dándonos unha lección a todos, non só de bo facer, que tamén, senón que hai que ser teimudos na procura dos sonos.
Atopo a un Xoel case descoñecido, minguadiño, dinos que a promoción incesante fíxolle desprenderse de case vinte quilos. A verdade é que o home semella no chasis, para que despois alguén diga que os actores viven do conto.
A sesión con este mozo ourensán é unha gozada, interprétaa coma unha parte máis do seu traballo e iso é de agradecer. Donde hai profesionalidade xa se sabe. Busco nel un punto a medio camiño entre a ambigüidade e o enigma, que sexa a súa expresión a que nos axude a crear unha personaxe imaxinaria e atemporal. O seu aspecto melancólico e fráxil, resulta perfecto. Unha personaxe en tránsito camiñando cara ningures sempre na procura dun personaxe diferente para meterse na pel; e que espazo máis axeitado para elo que o sempre transitado hall dun hotel.
Ao rematar despedímonos, servidor cara o xornal, e Xoel camiño da caravana.
*Publicado na Revista 20/05/2012
No hay comentarios:
Publicar un comentario