16 may 2012

E se o problema foses ti? #En galego


José Paz

Seis meses despois da chegada de Rajoy ao Goberno a situación económica lonxe de enderezarse tal como nos prometera, fixo exactamente o contrario, e non fai falta describila. A sintonía ideolóxica coa canciller Merkel que nos axudaría a impoñer a nosa dialéctica non callou; aínda que nós cumprimos, coma se fósemos escolares, todos os deberes marcados. A teutona fai tempo que non quere saber de nós, non somos cidadáns de respecto. A bravata do presidente no Parlamento Europeo do pasado mes de marzo anunciando un déficit do 5,8, acción que algúns analistas cualificaran de estratexia política de altura, xunto co retraso na presentación dos presupostos, non lle gustou absolutamente nada e estanos a pasar factura.
As reformas erixidas neste tempo, están a provocar en nós unha sensación de desacougo. A xente vive nunha inxusta sensación de culpabilidade, mais despois de anunciar que estes anos vivimos por riba das nosas posibilidades. Onte escoiteille a un pai dicirlle ao neno que había que obedecer aos maiores, aínda que estes fosen os que se cargaran o país, humor negro. O presidente sempre procurou un culpable, a medio-longo prazo, Zapatero, a corto Grecia, bueno, tamén MAFO  que non se enterou do que acontecía nas entidades financeiras. Non hai nada como visibilizar o inimigo para combatelo. E se o inimigo en realidade é outro?
Europa está enferma. Reducilo déficit é a medicina para todos, dá igual a diagnose de cada enfermo. Europa compórtase coma un Titanic contemporáneo, sen aprender as leccións xa vividas. Vilipendiados polos mercados, sen o apoio do BCE o noso destino está a mercé do vento. Sempre pensamos que Europa, esa entelequia que se desacredita a si mesma, apertaría pero non iría máis lonxe. Hoxe xa non o teño tan claro.

 *Publicado no xornal La Región 17/07/2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...