4 ene 2012

E dez anos un conto



    Co plúmbeos que son os medios coas efemérides é para sospeitar que o interese sobre esta se pasara por alto. En realidade foi así porque pouco hai que celebrar; fai dez anos todo era esplendor e alegría, hoxe escepticismo e resentimento, coma en tantos matrimonios. Fai agora dez anos que esa entelequia chamada Europa decidiu, despois dun significado esforzo, unir baixo un mesmo paraugas os seus intereses monetarios, adoptando o euro coma moeda común en doce dos seus membros, hoxe dezasete. Todos deron un si quero entusiasta, as infidelidades virían máis tarde. Co rebumbio da nova moeda agardábamos con curiosidade ver como aquela noite de fin de ano os caixeiros deixaban de cuspir pesetas ou como os comerciantes aceptaban a contragusto os novos pagamentos. Escaseaban os cambios, o persoal tiraba de máquinas de conversión e a incerteza tornou en sospeita por saber o que en realidade che estaban cobrando. Dez anos despois somos moitos, cuestión xeracional, os que na intimidade seguimos trasfegando en pesetas para sentirmos cos pés no chan. Pero o máis grave daqueles primeiros días non foi a confusión senón o interesado redondeo, o que custaba cen pesetas pasou ipso facto a custar un euro, incumprindo para sempre a máxima do que sube baixa. Aquel primeiro ano foi un dos máis inflacionistas da nosa historia.


     En realidade e visto o estudo da OCU que se acaba de presentar o que descubrimos foi un tocomocho, mentres os prezos nestes anos se incrementaron un 48% os salarios non pasaron dun 14%, iso si a vivenda por exemplo medrou un 66%, e todos sabedes porque. A intensa lección de economía diaria que estamos a vivir ensinounos tamén que a arquitectura para instalarnos nesa moeda común era tan ficticia como a casa de palla do conto dos tres porquiños, que a sedución do noivado durou mentres existiu a apócema do endebedamento sen asumir contrapartidas fiscais e financeiras. Que o Banco Central era de cartón pedra, e que os reis magos en realidade son Merkel e Sarkozy, que o rei Gaspar Cameron sempre, como bo inglés foi un escéptico.

     Publicado no xornal La Región 5/01/2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...