7 ene 2012

“Xa non queda ninguén”, Díaz Pardo Dixit


"Místico", de Isaac Díaz Pardo
              
     Non  morreu a véspera de reis, o mentor de Sargadelos, o da tradición reformulada en  modernidade, ou ao revés, xa estaba morto, facía tempo que se convertera  nun morto en vida, un home “a mercé do vento”, e non só o da especulación; a idade énchenos de  máis contradicións das que quixeramos albergar.
           Imaxino que si, que a cultura sirve para algo máis que  para replicar panexíricos profesionais  aos pés dos cadaleitos, tópicos entusiastas que se retroalimentan entre si.  Quixera pensar que tamén, que Galicia existe e non é un espellismo máis, aínda que tan só sexa porque nesta terra viviron  homes coma  Isaac Díaz Pardo (1920-2012) capaces de darlle formas as ideas e sentido ao país.
          “Conservador  libertario”, republicano de pro, socialista, a Díaz Pardo matáronmo os desgustos destes tempos convulsos que estamos a vivir, os mesmos que matan cada día a cultura e ao país. Penso na dureza de asumir a derrota, outra máis, e seguir co oficio de resistencia  en pro dunha  idea dun país que xa non era o teu, porque este renunciou a selo. É obvio que o mercantilismo e a especulación se apropian de todo, inclusive do galeguismo,  que non pasa de ser outra cousa cun palabro na procura de adeptos. Galicia deixou de ser, morreu á vez co derradeiro entusiasta capaz de artellar ideas, empresas e utopía necesaria  arredor do legado das vellas iconas patrias. Tan só queda un paripé de país a mercé do vento e da ridiculez da vella linaxe replicante
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...