8 ene 2012

A derradeira viaxe de Ruth Matilda Anderson




Ruth Matilda en Oseira

                    Non por sabida a historia é menos impresionante, ano 1924 unha mestre de Nebraska, Ruth Matilda Anderson,  en compañia do seu pai alfred Anderson desembarca no porto de vigo ateigada de paquetes ante a mirada incrédula dos operarios de aduana que non tiñan ni idea de cómo facturar tamaño dispendio. Padre e filla viñan por encargo da Hispanic Society of America, fundada anos atrás polo filántropo Acher Milton Huntington, un enamorado do país e da nosa cultura, coa encomenda de  fotografar aqueles escenarios que a duras penas se subiran ao carro da revolución industrial, Galicia estaba ateigado deles. En coches de de aluguer ou de líña, a cabalo, en tren, acometeron unha tarefa preñada de espírito romántico e etnográfico e da que non desperdiciaron un instante para documentar unha primeira viaxe que os levou dende o 7 de agosto de 1924 até o 28 de agosto de 1925. Na segunda viaxe,  dende o 14 de novembro de 1925 até o 31 de maio de 1926, Ruth Matilda viría acompañada doutra fotógrafa, Frances spalding.
                  Tantos anos despois segue a sorprender o rigor documental, a dignidade coa que trata aos fotografados, a meticulosidade e a calidade dun oficio que a norteamericana tratou de superar día a día segundo o executaba, documentando o que pasaba polo seu obxectivo antes e despois do momento no que tiña lugar e cunha constancia difícil de seguir polos que a acompañaron ; o feito de saber castelán xunto coa curiosidade e bo tino a hora de buscar temas e atopar informantes lle axudou especialmente.
                       A exposición,” Unha mirada de antano”, remata hoxe o seu periplo por  Ourense tras un exitoso deambular por distintas cidades galegas. Non é de estrañar o éxito da mostra, penso que o que nos debe facer pensar é que grazas a labor dun filántropo e dunha sociedade norteamericana hoxe saibamos un pouco máis de nós mesmos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...