9 dic 2011

Danzade Malditos

Poucas artes hai máis liberadores ca danza, é coma unha especie de solta de amarras terra dentro. “Seis de Catro”, título do espectáculo, en realidade xa o di todo no enunciado, son seis artistas (Erick Jiménez, Maruxa Salas, Rut Balbís, Alexis Fernández, Caterina Varela e Henrique Peón ) de catro compañías ( Sólodos, Pisando Ovos, La Macana e Quique Peón Cía ). As sociedades non sempre camiñan adecuadamente, xa se sabe que cada quen ten as súas querenzas, os seu modos de traballo, pero a verdade que no visto esta tarde no Teatro Principal as fisuras non se notaron. O máis salientable do espectáculo visto no Teatro Principal de Ourense quizais a conxunción entre o mellor da tradición galega e frescura da danza, con moitas referencias a cultura popular coma esa danza case antropolóxica das zocas. As coreografías, aínda que algunha con arranques un tanto lenta que máis tarde recuperaban, estiveron ben executadas, con momentos que sinalaría memorables, cheos de visualidade e referencias un tanto oníricas, ou referencias a infancia coma a da caixa de música. Todos ben no seu conxunto, a música moi ben utilizada, a actuación de Henrique Peón sublime.










No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...