11 dic 2011

Fútbol é fútbol


       
Imaxino que o  dos  derbies é algo  grande, moi grande, cincocentos millóns de persoas dispostas a deixar os seus problemas a marxe e ollar cara  ese  Madrid-Barça, así o escoitei esta tarde na radio, nesas anécdotas previas ao partido . Desde a miña nada futbolera visión de xogo decido experimentar coa novidade disposto a vivir o mach como o fan a maior parte dos mortais, nun bar. Unha desas atalaias castizas que dispensan sabiduría a esgalla entre viños, cervexas e pinchos. A verdade é que senta ben iso de cambiar o chip, rachar coa tiranía dos mercados, da débeda, da crise ou os debates apocalípticos arredor da nosa sufrida Europa. A ver que pasa. Recoñezo que é difícil atopar concentración, colocado como estou baixo a un altofalante que afronta a narración como se fose a ultima. Coméntanme José, o dono do local,  que hoxe non hai demasiada xente porque o partido dano en aberto.



Vinte e dous segundos despois do inicio o público érguense coma un resorte do seu asento, Benzema decide darlles unha alegría á maioría merengue. As celebracións non pasan deso, incrédulos da rapidez do acontecido. Minuto vinte e cinco, o xogo entorpécese  cunha serie de faltas que fan  perder os nervios dos clientes do local. Primeiras disputas e gol do Barça, érguese novamente o respetable, novidade, non son os mesmo de antes, deduzo que o gol é barcelonista. Evidentemente, gol de Alexis. O xogo segue tosco, con entradas a cámara lenta televisiva para dramatizalas un chisco, como se fose necesario. “Cristiano jodeuse”, escoito dende a barra. Lamentos, xogadas de estratexia, o público é sabio, adxudica tarxetas ao contrario como se fosen súas. Que se a Pepe, que se a Messi, por protestar. Pura sabedoría. A verdade é que plasticidade destes futbolistas resulta incrible, o espectáculo visual paga a pena velo. “É a segunda”, o público berra dentro e fora da pantalla. Algún lle recrimina a actitude do adestrador madridista  reclamando a segunda tarxeta para Messi. A situación é un corrícalle, Ahhhh, E descanso, (1-1) o público érguese a busca de novas consumicións. Os narradores na tele falan do partido en terminoloxía puxilística. Pídelle perdón! 





Si, comezou a segunda metade é o afeccionado segue aí, case máis tenso reclamando o seu veredicto. Falta sobre a porta de Valdés. Dispara Cristiano, para o porteiro con seguridade. Contragolpe e gol do Barça, de Xavi, despois de petar conta o pao; as caras do respetable un poema. Nótase, como se di a tensión no ambiente. A verdade é que o partido está rabioso, vibrante, nesta ocasión o remate vai a córner. Primeiros comentarios críticos contra o equipo merengue, as diferencias percíbense, os “cataláns” tócana mellor. “El peor guión posible para o Madrid”, sinala o comentarista. Desde o Twitter os outros afeccionados tamén lle dan consellos ao adestrador. Oportunidade clara de Ronaldo que sae fora, despois de lamentarse volven a perdelos nervios. Terceiro gol para o Barça, case mellor non mirar para as caras. Algúns cabreados apuran as cervexas. Caras que son poemas. “Chega a impotencia e ai veñen as hostias”, “Veña me cago en deus”. Impotencia, o argumento máis repetido. El partido marca destellos de gran intensidade, xogadores que son atletas. O Madrid insiste unha e outra vez pero non aproveita a súas oportunidades. “O Madrid quere morrer matando”, que di o comentarista.  Kaká que falla unha oportunidade manifesta, a posibilidade de meterse no partido. Cánticos no Bernabeu, e iso que van perdendo. Queda un minuto e marcha Iniesta. Tres  despois remata o partido, as facianas evidencian a derrota. A maioría merngue marcha cabisbaixa cara a casa, eso debe supoñer perdelo derbi. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...