14 dic 2011

O peor lema da historia







    Esta noite ela tampouco fará o amor. A María pásalle o que a tantos, anda decaída porque si. Nunca pensou que a situación chegaría tan lonxe, que lle afectaría até no máis íntimo. Leva dez anos casada, ten unha nena que é un sol, Laura, e hoxe é o seu aniversario, o décimo. Ama ao seu  home, pero  esta noite negouno  tantas veces como Pedro a Cristo camiño da cruz. El é funcionario de nivel A, man dereita do alcalde. Ela, creativa de publicidade, responsable de campañas de moito impacto.
É certo que xa andaba tocada, quizais as últimas novas collérona máis baixa de defensas. Acostumada  á  creación de imaxe, a invención de "palabros" que lle aporten identidade a calquera produto, descoñece cómo afrontar con firmeza creativa o desánimo patrio. Como medida preventiva renunciou a viaxe programada a Disneyland París, tamén á cea no tres estrelas Michelin do día da voda, "xa o faremos máis adiante". O día de hoxe foi moito, "é como se alguén nos paralizase o ricto e falase por nós". Enumerou as veces que sen vir a conto alguén cuspiu a frase maldita. Na carnicería, ao recollelo pedido reservado; no estudio, no debate na procura dun lema dunha campaña turística da que se levantou en desacordo co designado, “vai fracasar seguro” dixo camiño da porta; á saída do cole da nena;  e tamén no ascensor, onde coincidiu co veciño, escritor recoñecido. O más exasperante foi á hora da lectura  dos xornais, quedou estupefacta ante as declaracións do rei don Juan Carlos, tan acostumado a velo outrora exercendo de "bon vivant". Será posible!
Xa na cama, durmida, entre calafríos e  rodeada de pesadelos, empezou a suar, e a gritar desesperadamente.  Espertou  ao seu marido, tamén  a nena,  que durmía na habitación do lado.” Tranquila, María”, arrimándolle un vaso de auga e o tranquimazin. “Ca que está caendo!” como vou durmir?

   Publicado no xornal La Región 15/12/2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...