4 dic 2011

A 38'



Cantas cousas farías en 38 minutos? un café e ler o xornal ? Se o tempo é á distancia o que mediatiza as nosas vidas, hoxe estamos de noraboa. Nun período no que o oficio de vivir toca  agoirento, que manda carallo!  unha nova coma a do AVE non é outra máis,  é un regalo. Non é doado abrir novas vías, nin de tren nin de nada. Estar a media hora de Santiago é de facto deixar de residir aquí para facelo alí. Ou á inversa. Coa salvidade de que Ourense, a vella Auria, é unha cidade cómoda e agradable, Santiago fai tempo que perdeu esa condición. Estar a media hora é moito máis que facilitar o tránsito  diario de funcionarios e estudantes, é abrir unha fiestra a prosperidade dos nosos negocios, novas expectativas de lecer, e tamén facer reais opcións laborais nunha área maís grande; un tempo ilusionante no que debemos traballar arreo. Imaxino que a estas alturas, aínda que non se publicitara nada nos medios, os negocios ourensáns, as institucións de promoción económica provinciais xa estarán preparando ofertas, packs turísticos destinados aos novos usuarios. Falaremos de termalismo, tamén de natureza, de etnoloxía, de turismo cultural ligado aos ciclos festeiros, ou como non da alternativa a outras vías  de peregrinase xacobeas. Rotas as distancias por que non sumarse á potencia de Santiago como polo de atracción turístico internacional. Unha marca común con singularidades propias? Penso por exemplo na marca Burdeos que agrupando a distintas subdenominacións de orixe case que implica a media Francia. Imaxino a nova situación axudará a rachar co standby das novas áreas comerciais en curso. Seguro que a estas alturas do artigo moitos de vós xa tedes en mente unha  campaña de publicidade, a dunha coñecida firma de mobles dirixida aos seus potenciais e distanciados compradores pagándolles como reclamo a peaxe da autopista, altruísmo? non,  visión de negocio.

   *Publicado no xornal La Región o 5/12/2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...