6 oct 2011

Oficio de tipógrafo


Foi o aperitivo do que será hoxe unha intensa tarde para os amantes da letra impresa, a presentación esta mañá de “La ilustración gráfica en Galicia 1880-1936”, libro dirixido polo departamento de Historia da Facultade homónima da Universidade de Vigo en Ourense, da man de María Victoria Carballo Calero e Jorge Varela, e editado pola ourensán DuendeBux que contou con dous protagonistas de excepción para facer a súa presentación no entorno da propia facultade: Juan Manuel Bonet e Andrés Trapiello.

 
            * Andrés Trapiello, María Victoria Carballo, Juan Manuel Bonet 

Ámbolos dous, recoñecidos amantes da tipografía e tódolos seus recantos, glosaron unha chea de anécdotas arredor do libro en cuestión, do que destacaron o traballo minucioso e coidado e todas esas outras portas que quedan abertas para novos estudios. E como non, a nova coa que hoxe almorzamos, a morte do Steve Jobs, que tamén tivo da man de Andrés Trapiello unha pequena homenaxe para quen fixo da tipografía unha máxima a seguir por tódolos demais gurús da informática.

       Tanto Bonet como Trapiello camiñaron case ao unísono por algúns dos editores e publicacións señeras na historia da gráfica galega (Nós, Ronsel, Alfar), pasando por algúns pequenos editores basicamente artesáns en épocas complexas. Nomes tan ilustres como o polifacético Luís Seoane, Víctor Correa, tío de Juan Manuel Bonet ou Manolo Méndez, ilustrador con Castelao, que despois, silenciada esa labor, chegou a ser decano do colexio de avogados de Ourense. 

        En fin, a tarde promete; as charlas co público, a partir das sete en Novacaixa. E mañá ás oito, no Centro Cultural Simeón, dentro do Foro La Región, Andrés Trapiello disertará sobre un histórico libro de Vicente Risco, o “Libro das Horas”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...