5 oct 2011

Alegrías no pazo da duquesa




A verdade é que xa tiña ganas de ver unha nova así, desas que emocionan e che fan sorrir. O si da duquesa non chegou de súpeto, houbo que maduralo moito, vernizalo previamente en papel couché, que non en bolas como a sacou esta semana o Interviu, mostrando argumentos saudables pero pretéritos. A multitude morbosa ás portas do ateigado Pazo de Dueñas xa non se lembra do esforzo da duquesa para convencer aos fillos, que deron o si, testamento en man e a contragusto. A duquesa casouse en mércores, valor ate no día, ás dúas da tarde bailaba unha sevillana ás portas do seu pazo sevillano, por qué alí? Puidera elixir calquera outro, que destes non lle faltan, pero era precisamente ese o que lle facía sentir a chamada da terra, o espírito andaluz que ela proclama; para que despois digan que os nacionalismos non serven para nada, aínda que sexa para estender a envexa. Imaxino que pola idade as alegrías da lúa de mel serán máis espirituais que físicas, non importa. Non vou facer o chiste fácil de referirme ao enlace como o do século, e medio..., hai que ser máis serios. A duquesa deu o si cicelada nun luminoso vestido dos sevillanos Victorio & Luchino, como luminosos e sorrintes son eles, unha pena non telos sempre ao lado para iluminarmos o día. Á  duquesa rexuveneceron varias décadas, nun elegante vestido de seda en rosa pao, louzá, e fermosa igual que o mozo, que a este a alegría se lle notaba no corpo tanto como os nervios, será polo de non ter que fichar máis; xa quixeran moitos poder amarrar semellante realeza. 
      Os elixidos para compartir o menú da duquesa gozaron a rabiar, certo que non eran moitos, deixando a un lado liortas e desgustos, e a bo seguro vista a ilusión da consorte botaron máis peza. Que sexas moi feliz duquesa e que a  todos nós no lo deixen contar.

    Publicado no xornal La Región 6/10/2011


        

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...