5 oct 2011

Pirómano o teu pai


Recoñezo que me gusta o lume, non hai argumento máis  cautivador que regresar aos tempos das cavernas, cando o lume era o máximo espectáculo, pero non son un pirómano, para eso temos  fermosas chemineas.  Un dos máximos logros do homínido foi a xestión do lume, o feito de transportalo e facer uso del cando fose necesario. Na era das vitrocerámicas deixamos de sentir a emoción polas cousas pero no seu momento foi un fito maiúsculo, ademais de ser un importante acicate económico.
   As tropas napoleónicas sufriron na estepa rusa en propia pel os efectos do lume provocado, os rusos deixáronnos a velas vir, lease morrer de fame. A nós provócannos cos lumes cada verán, ao tempo que sentimos con impotencia o desmantelamento do rural, a desaparición dun piar fundamental da nosa cultura. Vemos como se incumpren leis de protección do monte, tarefas de limpeza, como se rexeitan leis coma banco de terras e non se investigan os delictos. Todos compartimos a inutilidade do lume, no monte,  tanto como a inutilidade  da súa carísima e “interesada” xestión. Pero se ano a ano se repiten tan pouco orixinais argumentos, debemos reflexionar e instaurar outros, se non convincentes, máis efectivos.
       

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...