4 oct 2011

O ocaso da Casa da Xuventude




                                            *Na imaxe de "Antón en llamas"(2006), de David Rubín.

   Se ten que desaparecer que sexa de maneira animosa, “coma se fora un funeral viquingo”, así reza o escrito do coordinador ocasional destas XXIII Xornadas da BD de Ourense, Óscar Iglesias. Moi polo bajinis, case en silencio, sen público, salvo os medios convocados; nun estremo da sala Lourdes, a viúva de Benito Losada, e Xosé Lois Vázquez, bo amigo, así se inauguraron as xornadas de banda deseñada, as mesmas que non fai moito semellaban un rebumbio de artistas e caste política. 
     Está claro que ás novas autoridades o de programar, o de facer realidade a cultura de pé de rúa lévano mal,  pouco máis ca un problema. Desaparecido Benito Losada, a el van dedicadas as xornadas, o elemento aglutinador, o armadanzas combativo, o responsable moral de que nestas lides Ourense se fixera un espazo de significada referencia na cultura galega, o mellor é deixarse levar pola inacción e pasar páxina. No camiño quedaron  as axudas,  o "Concurso para a mocidade", as "bolsas de creación de BD", piares fundamentais de todo esto. Aínda así,  o que ocorre é que aqueles fillos da Casa da Xuventude, hoxe Espazo Xove Ourense, ten truco ate o nome, non só medraron e inocularon o veleno succionado, senón que se profesionalizaron e se fixeron un lugar importante. Nomes como Bernal Prieto, David Rubín, Enma Ríos, Alberto Guitián, Miguel Robledo, Alberto Vázquez entre outros son unha realidade fermosa dese sono xurdido fai máis de dúas décadas.
     As xornadas inauguradas hoxe na planta baixa da Casa da Xuventude e nas dúas plantas do Museo Municipal recollen o traballo en retrospectiva de varias xeracións de mozos, aqueles vencellados ao colectivo Polaqia que se despide como tal, dando por cumpridas con creces a súas aspiracións como grupo, e as do Frente Comisario, colectivo iniciático de todo o que ate hoxe podemos disfrutar. No Museo Municipal completan a mostra as obras de ilustración e cómic do Injuve do ano 2010.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...